Annette Meakin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Annette Meakin
Nacemento 12 de agosto de 1867
  Bristol
Falecemento 26 de xullo de 1959
  Chipping Ongar
Nacionalidade Reino Unido
Ocupación escritora de viaxes
editar datos en Wikidata ]

Annette Mary Budgett Meakin, nada en Bristol o 12 de agosto de 1867[1] e finada en Chipping Ongar (Essex) o 26 de xullo de 1959, foi unha escritora inglesa de libros de viaxes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi filla de Edward Ebenezer Meakin e Sarah Budgett. O seu pai traballaba nunha plantación de en Almora, na India.[2] Foi á escola en Inglaterra e Alemaña. Estudou música no Royal College of Music de Kensington e no Stern Conservatoire de Berlín, e estivo na University College London.[3] Durante a primeira guerra mundial traballou como asistente de química.[4]

Ela e a súa nai foron as primeiras mulleres inglesas en viaxar a Xapón no ferrocarril Transiberiano. Saíron de Londres en xaneiro de 1900 e chegaron a Rusia o 21 de maio logo de parar un tempo en París. Escribiu un texto sobre a viaxe, publicado ao ano seguinte. No libro, A Ribbon of Iron[5], relata tamén as súas paradas en Omsk, Tomsk, Krasnoyarsk e unha ruta polo río Yenisei, que desemboca no océano Ártico.[4] A obra aparece citada con frecuencia no libro de Harmon Tupper To the Great Ocean - Siberia and the Trans-Siberian Railway (1965).

En 1921 demandou por plaxio á autora Catherine Gasquoine Hartley, quen en 1912 publicara The Story of Santiago de Compostela. O texto tiña moitas similitudes co libro de Meakin Galicia, the Switzerland of Spain (1909). Como parte do acordo, o libro de Hartley foi retirado das bibliotecas.[6]

A autora doou os seus fondos á Bodleian Library, da Universidade de Oxford[7]

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Certificado de nacemento nos papeis da Biblioteca Bodleian, volume 1 páx. 19.
  2. Fryer, S. E. (2004): ‘Meakin, James Edward Budgett (1866–1906)’, rev. Mark Pottle, Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press.
  3. Obituario en The Times, 11 de agosto de 1959.
  4. 4,0 4,1 Deborah Manley (8 de decembro de 2011). Andrews UK Limited, ed. The Trans-Siberian Railway: A Traveller's Anthology. pp. 271–272. ISBN 978-1-908493-30-9. 
  5. Annette M. B. Meakin (1970). Arno Press, ed. A ribbon of iron. 
  6. Hooper, Kirsty (2011): ‘Hartley , Catherine Gasquoine (1866/7–1928)’, Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press.
  7. Annette Mary Meakin, National Archives.
  8. "Review: What America Is Doing, Letters from the New World by Annette M. B. Meakin". The Athenæum (4350): 274. 11 de marzo de 1911.