Harriet Beecher Stowe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Harriet Beecher Stowe
Nome completoElizabeth Harriet Beecher
Nacemento14 de xuño de 1811
Lugar de nacementoLitchfield
Falecemento1 de xullo de 1896
Lugar de falecementoHartford
CausaAlzhéimer
SoterradaPhillips Academy Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónProtestantismo
Alma máterHartford Female Seminary
Ocupaciónnovelista, poeta, escritora de literatura infantil, escritora de contos, escritora e abolicionista
PaiLyman Beecher
NaiRoxana Foote Beecher
CónxuxeCalvin Ellis Stowe
FillosCharles Edward Stowe
IrmánsIsabella Beecher Hooker, Henry Ward Beecher, Edward Beecher, Thomas K. Beecher, Catherine Beecher e Charles Beecher
Coñecida porUncle Tom's Cabin, Uma chave para a cabana do pai Tomás, Dred: A Tale of the Great Dismal Swamp e Still, Still with Thee
PremiosNational Women's Hall of Fame, Connecticut Women's Hall of Fame, Ohio Women's Hall of Fame e Distinguished Americans series
Na rede
https://harrietbeecherstowecenter.org
IMDB: nm0832952 Allmovie: p315088 IBDB: 6090
Musicbrainz: e91673c0-35f5-4321-a7f3-1a5e27671dfd Discogs: 463459 IMSLP: Category:Stowe,_Harriet_Beecher WikiTree: Beecher-129 Find a Grave: 992 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Harriet Beecher Stowe, nada con nome de Harriet Elisabeth Beecher en Litchfield (Connecticut) o 14 de xuño de 1811 e finada en Hartford (Connecticut) o 1 de xullo de 1896, foi unha abolicionista e escritora estadounidense.

O seu libro máis famoso é Uncle Tom's Cabin, no que narra a historia da vida na escravitude. Foi publicado primeiramente por episodios seriais de 1851 a 1852 no voceiro abolicionista The National Era, editado por Gamaliel Bailey. Aínda que Stowe nunca pisara o Sur estadounidense, publicou A Key to Uncle Tom's Cabin, un traballo real que documenta a veracidade da súa descrición das vidas dos escravos na novela orixinal. A súa segunda novela foi Dred: A Talle of the Great Dismal Swamp, tamén en contra da escravitude.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi a sétima filla de Lyman Beecher, un ministro relixioso congregacional abolicionista de Boston, e de Roxana Foote Beecher, irmá do tamén afamado pastor protestante Henry Ward Beecher. Finou cando Harriet tiña catro anos. A convivencia coa nova muller do seu pai brindoulle unha imaxe deteriorada sobre a cuestión da maternidade, presente en gran parte dos seus traballos.

Criouse en Hartford e en 1832 a familia mudouse a Cincinnati, outra fervente cidade da causa abolicionista, onde o seu pai se converteu no primeiro presidente do Seminario Teolóxico de Lane. Alí obtivo coñecemento propio da escravitude e os suburbios e animouse a escribir Uncle Tom's Cabin, a primeira gran novela estadounidense cun heroe afroamericano.

Malia seguir as crenzas relixiosas da familia, pronto se apartou do Calvinismo ortodoxo do seu pai. Porén, parte da súa influencia aparece nas súas novelas.

En 1836 Harriet Beecher casou con Calvin Stowe, un ministro relixioso viúvo. Mudáronse a Brunswick, Maine, cando el obtivo unha posición académica en Bowdoin College. Harriet e Calvin tiveron sete fillos, pero algúns deles morreron a temperá idade. As primoxénitas, as xemelgas Hattie e Eliza, naceron o 29 de setembro de 1836. Catro anos máis tarde naceu o seu fillo Frederick Williame e en 1848 naceu Samuel Charles. O ano seguinte Harriet morreu por consecuencia dunha epidemia de cólera. Atópase sepultada nos campos da Academia Phillips en Andover, Massachusetts.

A casa de Harriet Beecher Stowe en Cincinnati, Ohio, é o primeiro fogar do seu pai, Lyman Beecher, no campus do Seminario Lane. Harriet viviu alí até o seu matrimonio. Aberta ao público, funciona como un sitio histórico e cultural, e concéntrase en Harriet Beecher Stowe, o Seminario de Lane e o Tren subterráneo. O lugar tamén presenta a historia afroamericana. A residencia de Harriet Beecher Stowe en Cincinnati está localizada en 2950 Gilbert Avenue, Cincinnati, OH 45206.

Citas[editar | editar a fonte]

Harriet de nova.

Cando Stowe se atopou con Abraham Lincoln en 1862, durante a guerra civil estadounidense, o saúdo do entón presidente dos Estados Unidos foi: So you're the little woman who wrote the book that started this great war!

Obra[editar | editar a fonte]

  • Uncle Tom's Cabin (1851)
  • A Key to Uncle Tom's Cabin (1853)
  • Dred, A Talle of the Great Dismal Swamp (1856) The Minister's Wooing (1859)
  • The Pearl of Orr's Island (1862)
  • Co pseudónimo de Christopher Crowfield:
    • House and Home Papers (1865)
    • Little Foxes (1866)
    • The Chimney Corner (1868)
  • Old Town Folks (1869)
  • The Ghost in the Cap'n Brown (1870)
  • Lady Byron Vindicated (1870)
  • My Wife and I (1871)
  • Pink and White Tyranny (1871)
  • We and Our Neighbors (1875)
  • Poganuc People (1878)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Boydston, Jeanne; Mary Kelley e Anne Margolis (1988): The Limits of Sisterhood: The Beecher Sisters on Women's Rights and Woman's Sphere
  • Matthews, Glenna. "'Little Women' Who Helped Make This Great War" in Gabor S. Boritt, ed. Why the Civil War Came - Oxford University Press pp 31–50.
  • Rourke, Constance Mayfield (1927): Trumpets of Jubilee: Henry Ward Beecher, Harriet Beecher Stowe, Lyman Beecher, Horace Greeley, P.T. Barnum (1927).
  • Weinstein, Cindy (2004): The Cambridge Companion to Harriet Beecher Stowe. Cambridge Companions to Literature.