Dorothy Caruso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dorothy Caruso
Carus and Dorothy.jpg
Nacemento1893
 Nova York
Falecemento1955 e 16 de decembro de 1955
 Nova York
Causacancro
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónescritora
CónxuxeEnrico Caruso
editar datos en Wikidata ]

Dorothy Park Benjamin Caruso, nada en Hastings-on-Hudson (Nova York) o 6 de agosto de 1893 e finada en Baltimore (Maryland) o 16 de decembro de 1955, foi unha escritora estadounidense, muller e biógrafa do tenor italiano Enrico Caruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Festa de voda do matrimonio Caruso no tellado do Hotel Knickerbocker de Nova York, 20 de agosto de 1918. De esquerda a dereita, Bruno Zirato (asistente persoal de Caruso), Dorothy Caruso, Enrico Caruso e J. S. Keith.

Dorothy Park Benjamin foi filla do avogado Park Benjamin Jr. e de Ida Crane.

O 20 de agosto de 1918 casou con Enrico Caruso. En 1919 tiveron unha filla, Gloria Grazianna Victoria America Caruso Murray. Enrico Caruso morreu en 1921.[1]

Dorothy Caruso casou co capitán Ernest Augustus Ingram (1892-1954) en Londres o 28 de novembro de 1923. Tiveron unha filla, Jacqueline Dorothy Ingram (1924-1994) e divorciáronse en novembro de 1925. En 1933 casou co doutor Charles Adam Holder (1872-1955).[2]

En 1942, durante unha viaxe en barco aos Estados Unidos desde Francia coñeceu a Margaret Caroline Anderson, con quen comezou unha longa amizade. Viviron xuntos até a morte de Dorothy por mor dun cancro. Foi soterrada no cemiterio de Druid Ridge en Baltimore.

Obra[editar | editar a fonte]

Dorothy Park Benjamin Caruso escribiu dúas biografías do seu primeiro home. A segunda dela foi levada ao cine en 1951 co título de The Great Caruso, con Mario Lanza como protagonista[3][4]

  • Wings Of Song: The Story Of Caruso (1928)
  • Enrico Caruso: His Life and Death (1945)
  • Dorothy Caruso: A Personal History (autobiografía, 1952)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Caruso love letters reveal passion behind a life of epic operatic drama". Consultado o 18 de agosto de 2017. 
  2. The Lewiston Daily Sun. 30 de xuño de 1933.  Falta o |title= (Axuda)
  3. Caruso, Dorothy; Goddard, Torrance (1928). Minton, Balch, ed. Wings of Song: The Story of Caruso (en inglés). 
  4. Gevinson, Alan (1997). University of California Press, ed. Within Our Gates: Ethnicity in American Feature Films, 1911-1960 (en inglés). p. 412. ISBN 9780520209640.