Arantza Portabales
Arantza Portabales | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de xaneiro de 1973 |
Donostia | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritora |
Premios | Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Arantza Portabales Santomé, nada en Donostia o 27 de xaneiro de 1973, é unha escritora galega en lingua castelá e galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla de emigrantes galegos, regresou coa súa familia a Marín en 1985. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa como funcionaria da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia.[1] Vive en Teo.
Comezou a escribir en 2013, no xénero do microrrelato. Mantén activo o blog de microficción Una nube de historias no que publica regularmente microficción.[2]
Con Deixe a súa mensaxe despios do sinal (2017) foi finalista do Premio San Clemente e do Premio Novela Europea Casino de Santiago. A novela foi traducida ao español,[3] italiano,[4] alemán[5] e hebreo.[6]
En 2019 publicou a novela negra Beleza Vermella ao mesmo tempo en galego (Galaxia) e castelán (Lumen). Tamén traducida ao italiano.[7]
Obra[editar | editar a fonte]
- A Celeste la compré en un rastrillo (2015). Bululú, Lenguas del Ornitorrinco. 160 páxs. ISBN 9788494137655. (Microrelatos en castelán).[8]
- Sobrevivindo (2015). Galaxia. 136 páxs. ISBN 978-84-9865-643-5.[9]
- Deixe a súa mensaxe despois do sinal (2017). Galaxia. 324 páxs. ISBN 978-84-9151-081-9.[10][11][12][13][14] Deje su mensaje después de la señal (2018). Lumen. 272 páxs. ISBN 9788426405609.[15][16]
- Beleza vermella (2019). Galaxia. 428 páxs. ISBN 978-84-9151-317-9.[17][18][19][20][21] Belleza Roja (2019). Lumen. 432 páxs. ISBN 978-8426406170.Con Susana Pedreira na presentación de Beleza vermella na Libraría Cronopios de Pontevedra (12/06/2019)
- Historias de mentes (2020). Bululú. Ilustracións de Javier Zabala. 120 páxs. ISBN 978-84-122577-4-8.[22] Edición en castelán[23] ISBN 978-84-122577-5-5.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Relatos da Ulloa, 2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis.
Participou noutros libros colectivos como 40 plumas e pico, As palabras contadas, Lectures d’Espagne, volume 2, Purorrelato de Casa África e Escribo3.[24]
Premios[editar | editar a fonte]
- Gañadora do XV Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia con Sobrevivindo en 2015.
- En 2017 con Circular C1: Cuatro Caminos-Embajadores foi Premio de Narración Breve da UNED e o microrrelato Las Musas resultou gañador anual do Concurso da Microbiblioteca de Barberà del Vallès.
- Resultou gañadora e finalista de diversos certames literarios: Relatos en Cadea, Wonderland e Esta Noche Te Cuento.[25]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Arantza Portabales". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-09.
- ↑ "Una nube de historias". unanubedehistorias.blogspot.com (en castelán). Consultado o 2019-05-09.
- ↑ "Deje su mensaje después de la señal". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Lasciate un messaggio dopo il segnale - Arantza Portabales". Solferino Libri (en italiano). Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Alles, was geschieht, hat seinen Grund". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Deixe a súa mensaxe despois do sinal finalista do Premio Novela Europea". Editorial Galaxia. 2018-12-26. Consultado o 2019-05-09.
- ↑ "Bellezza rossa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "A Celeste la compré en un rastrillo – Editorial Bululú" (en castelán). Consultado o 2019-05-09.
- ↑ "Sobrevivindo". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-09.
- ↑ "Deixe a súa mensaxe despois do sinal". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-09.
- ↑ "Deixe a súa mensaxe despois do sinal/Deje su mensaje después de la señal (Arantza Portabales)". Bitácora de (mis) lecturas. Consultado o 2019-05-09.
- ↑ Nicolás, Ramón (2018-04-04). "Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantza Portabales". Caderno da crítica. Consultado o 2019-05-09.
- ↑ Lecturafilia (2018-02-20). "Deixe a súa mensaxe despois do sinal". Lecturafilia (en castelán). Consultado o 2019-05-09.
- ↑ Nicolás, Ramón (2018-03-30). "As vidas colgadas nun contestador automático". La Voz de Galicia. Consultado o 2019-05-09.
- ↑ "Reseña: Deje su mensaje después de la señal (Arantza Portabales)". Escaparate Literario (en castelán). 2018-05-08. Consultado o 2019-05-09.
- ↑ Inés (2018-07-06). "La huella de los libros: DEJE SU MENSAJE DESPUÉS DE LA SEÑAL - Arantza Portabales". La huella de los libros. Consultado o 2019-05-09.
- ↑ "Beleza vermella". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-09.
- ↑ Fraga, Xesús (2019-05-09). "Arantza Portabales homenaxea a novela negra en «Beleza vermella»". La Voz de Galicia. Consultado o 2019-05-09.
- ↑ Ameixeiras, Diego (2019-06-14). "Quen matou a Xiana Alén?". La Voz de Galicia. Consultado o 2019-06-14.
- ↑ Portabales, Arantza (15 de novembro de 2019). "Quixen facer unha homenaxe explícita a esas novelas de Agatha Christie que tanto me fascinaron cando era nena". Praza Pública. Entrevista con Montse Dopico. Consultado o 18 de novembro de 2019.
- ↑ López López, Lorena (xullo, agosto, setembro 2019). "Vermella e escura". Grial LVII (223): 75–76. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Historias De Mentes (galego) – Editorial Bululú". Consultado o 2020-11-08.
- ↑ "Historias De Mentes – Editorial Bululú" (en castelán). Consultado o 2020-11-07.
- ↑ "Arantza Portabales". www.aelg.gal. Consultado o 2019-09-14.
- ↑ "Arantza Portabales". www.aelg.gal. Consultado o 2019-05-09.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Arantza Portabales no Facebook
- Vivimos na era da comunicación e nunca tan sós estivemos, tan incomunicados. Entrevista de Montse Dopico en praza.gal. 04/05/2018.
- No soporto que me digan que este libro es una novela de mujeres. Entrevista de Nuria Martínez en La Voz de Galicia. 12/06/2018 (en castelán).
- Presentación de "Deixe a súa mensaxe despois do sinal" en Cartabón. YouTube 03/03/2018
- Videoteca na AELG