Irene Vallejo Moreu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Irene Vallejo Moreu
Irene Vallejo Moreu.jpg
Nome completoIrene Vallejo Moreu
Nacemento1979
Lugar de nacementoZaragoza
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Zaragoza e Universidade de Florencia
Ocupaciónescritora e filóloga
Coñecida porEl infinito en un junco
PremiosPremio Nacional de Ensaio en España e Premio Aragón
Na rede
Facebook: irenevallejomoreu Instagram: irenevallejomoreu Dialnet: 4633228 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Irene Vallejo Moreu, nada en Zaragoza en 1979, é unha escritora española.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutora en filoloxía clásica polas universidades de Zaragoza e Florencia,[1] o seu labor céntrase na investigación e divulgación dos autores clásicos. Colabora no periódico Heraldo de Aragón, con artigos que mesturan temas de actualidade con ensinanzas do mundo antigo. Publicou dous libros recompilatorios das súas columnas semanais, El pasado que te espera e Alguien habló de nosotros.[2]

Como creadora, en 2011 publicou a súa primeira novela, La luz sepultada, unha historia de suspense.[3] A súa segunda novela foi El silbido del arquero, publicada por editorial Contraseña, unha historia de aventuras e amor ambientada en tempos lendarios, reformulando os conflitos contemporáneos.[4] Dentro da literatura infantil e xuvenil publicou as obras El inventor de viajes, ilustrada por José Luis Cano, e La leyenda de las mareas mansas, en colaboración coa pintora Lina Vila.[5] Foi incluída na antoloxía de narradoras aragonesas Hablarán de nosotras (2016) co relato El mal invisible.[5]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Terminología libraria y crítico-literaria en Marcial (2008)
  • El pasado que te espera (2010)
  • La luz sepultada (2011)
  • El inventor de viajes (2014)
  • La leyenda de las mareas mansas (2015)
  • El silbido del arquero (2015)
  • Alguien habló de nosotros (2017)
  • El infinito en un junco (2019)[6].

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Quinto certame Los Nuevos de Alfaguara (1997)
  • Premio Búho '97 aos aragoneses do ano.
  • Premio da Sociedad de Estudios Clásicos ao mellor traballo de investigación (2005)
  • Mención especial do xurado no Premio Internacional de Novela Histórica Ciudad de Zaragoza (2012)
  • Premio Sabina de Plata (2017)
  • Premio Nacional de Ensaio (2020)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Castro, Antón (21 de abril de 2015). "Irene Vallejo: “Los griegos y los romanos entendían el deseo como una fuerza cósmica”". Heraldo de Aragón. Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  2. "Irene Vallejo presenta el libro 'Alguien habló de nosotros'". Heraldo de Aragón. 14 de marzo de 2017. Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  3. Monserrat, Daniel (5 de xaneiro de 2012). "Irene Vallejo retrata la Zaragoza de 1936 en 'La luz sepultada'". El Periódico de Aragón. Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  4. "Irene Vallejo: "El conocimiento de los clásicos ilumina mucho nuestra perspectiva del presente"". aragondigital.es. 25 de maio de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 "Pilar Zaragoza e Irene Vallejo Premios Sabina 2017". La Sabina. 28 de maio de 2017. Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  6. Manguel, Alberto (2019-12-18). "El libro, un invento asombroso". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-08-13. 
  7. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-04-16. 
  8. Madera Seoane, Jesús (outubro, novembro, decembro, 2021). "Un libro de libros". Grial LIX (232): 89–90. ISSN 0017-4181.