Miranda Aldhouse-Green

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miranda Aldhouse-Green
Nome completoMiranda Aldhouse
Nacemento24 de xullo de 1947
NacionalidadeReino Unido
Alma máterUniversidade de Cardiff, Lady Margaret Hall e Open University
Ocupaciónantropóloga e arqueóloga
CónxuxeStephen Aldhouse-Green
editar datos en Wikidata ]

Miranda Jane Aldhouse-Green, nada o 24 de xullo de 1947 é unha investigadora e arqueóloga británica. Até o ano 2000 aproximadamente publicou como Miranda Green ou Miranda J. Green.[a]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse na Universidade de Cardiff. En 1974 rematou un máster na Universidade de Oxford, no Lady Margaret Hall, e en 1981 doutorouse na Open University.[1] Traballou nos museos de Worthing e Peterborough e na Open University en Gales. Aldhouse-Green foi elixida membro da Society of Antiquaries of London (FSA) en novembro de 1979, se ben xa non aparece na lista da FSA e na súa biografía da Universidade de Cardiff aparece como ex-membro[2]. Entre 1993 e 2006 deu clase na Universidade de Wales, Newport, onde foi nomeada profesora de Arqueoloxía en 1998.[3] Entre 2006 e 2013 foi profesora de Arqueoloxía na Universidade de Cardiff.[1][4] En 2002 foi nomeada vicepresidenta da The Prehistoric Society, e anos despois presidenta.

Os seus campos de investigación son a Idade de Ferro e a cultura romano-británica, particularmente a iconografía galorromana e as actividades rituais de sacrificios[5].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Aldhouse-Green casou en 1970 co arqueólogo Stephen Aldhouse-Green, antes apelidado Stephen Green.[1][6]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Sussex Archaeological Collections, 1973.
  • A corpus of small cult-objects from the military areas of Roman Britain, British Archaeological Reports, British Series, 1978
  • Roman Archaeology, Longman, 1984.
  • The Gods of the Celts, Sutton, 1986.
  • The World of the Druids, Thames, 1992.
  • Celtic Myths, British Museum Press, 1993.
  • Celtic Goddesses: Warriors, Virgins and Mothers, British Museum Press, 1995.
  • Exploring the World of the Druids, Thames and Hudson, 1997.
  • Dictionary of Celtic Myth and Legend, Thames and Hudson, 1997.
  • Celtic Art; Symbols and Imagery, Sterling, 1997.
  • “Vessels of Death”, Antiquaries Journal 78 (1998): 63–84.
  • Pilgrims in Stone, British Archaeological Reports, International Series, 1999.
  • Dying for the Gods: Human Sacrifice in Iron Age and Roman Europe, Tempus, 2001.[7]
  • The Gods of Roman Britain, Shire Publications, 2003.
  • The Celts, Weiderfeld and Nicolson, 2004.
  • Gwent in Prehistory and Early History, University of Wales Press, 2004.
  • An Archaeology of Images, Routledge, 2004.
  • The Quest for the Shaman: Shape-Shifters, Sorcerers And Spirit Healers of Ancient Europe, Thames & Hudson, 2005 (con Stephen Aldhouse-Green).
  • Boudicca Britannia, Pearson Longman, 2006.
  • Bog Bodies Uncovered, Thames and Hudson, 2015.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wells, Peter S., "Review Article: Who, Where, and What Were the Celts? The World of the Celts by Simon James; Pagan Celtic Ireland: The Enigma of the Irish Iron Age by Barry Raftery; Celtic Britain by Charles Thomas; Celtic Goddesses: Warriors, Virgins and Mothers by Miranda Green; The World of the Druids by Miranda J. Green; Celtic Sacred Landscapes by Nigel Pennick", American Journal of Archaeology, Vol. 102, Nº. 4 (out., 1998), pp. 814–816, JSTOR, onde dous dos seus libros, publicados en 1997, usan diferentes formas.
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 A and C Black Publishers' Staff (2006). A and C Black Publishers, ed. Who's Who 2006: an annual biographical dictionary. London. p. 21. ISBN 0-7136-7164-5. 
  2. Society of Antiquaries of London, ed. (Maio de 2010). "Society of Antiquaries of London-List of Fellows". Web da Society of Antiquaries of London. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2010. Consultado o 14 de outubro de 2010. 
  3. Cardiff University, ed. (2010). "Professor Miranda Aldhouse-Green". Web da Universidade de Cardiff. Consultado o 11 de outubro de 2010. 
  4. "Druids Committed Human Sacrifice, Cannibalism?". nationalgeographic.com. 
  5. Cardiff University, ed. (2010). "Professor Miranda Aldhouse-Green". Web da Universidade de Cardiff. Consultado o 11 de outubro de 2010. 
  6. Aldhouse-Green, Miranda (2006). Pearson Education, ed. Boudica Britannia. Cardiff. p. xiii. ISBN 1-4058-1100-5. 
  7. "The cathartic crowd-puller". Times Higher Education. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]