Laura Falcó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laura Falcó
Nacemento 17 de marzo de 1969
  Barcelona
Nacionalidade España
Alma máter Universidade de Barcelona
Ocupación escritora e editora
Coñecido/a por Amanecer de hielo
editar datos en Wikidata ]

Laura Falcó Lara, nada en Barcelona o 17 de marzo de 1969[1], é unha editora e escritora catalá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Barcelona e fixo un mestrado en Dirección de empresas na ESADE. En 1995 comezou a traballar no grupo Editorial Planeta como directora de mercadotecnia, e despois pasou a dirixir a editorial Martínez Roca. En 2001 pasou a dirixir os selos Minotauro, Timun Mas e Libros Cúpula, e creou os selos Esencia e Zenith. En 2014 desenvolveu os proxectos Planeta Gifts e Conference Office, e en 2015 asumiu o selo Luciérnaga. En xuño de 2015 comezou a presidir Prisma Publicaciones.

Colabora no programa de radio La Rosa de los Vientos de Onda Cero e no programa Hora punta de TVE. Tamén tivo un espazo literario no programa Levántate y Cárdenas de Europa FM.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Gritos antes de morir (relatos; Libros del Silencio, 2012)
  • La muerte sabe tu nombre (relatos; Círculo de Lectores, 2013)
  • Chelston House (novela; Dolmen, 2014)
  • Última llamada: vuelo CW0764 (novela; Edhasa, 2015)
  • Amanecer de hielo (novela; Edhasa, 2017)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Laura Falcó Lara, na web de Planeta Vial (en castelán).