Saltar ao contido

Marguerite Abouet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarguerite Abouet

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
Abidjan, Costa do Marfil Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNoisy-le-Sec (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, guionista de cómics, guionista, escritora, directora de cinema Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm4710591 Twitter: Aya_De_Yopougon BNE: XX5365280 Editar o valor en Wikidata

Marguerite Abouet, nada en Abidjan en 1971, é unha escritora de banda deseñada marfilesa, coñecida pola súa serie de novelas gráficas Aya of Yopougon.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Abouet naceu en Costa do Marfil[1] e aos 12 anos ela e o seu irmán mudáronse a Francia co seu at the age of 12 she and her brother moved to France with their great uncle.[2] Posteriormente pasou a vivir en Romainville, suburbio de París, co seu marido, o ilustrador Clément Oubrerie (que ilustrou as súas ideas gráficas).[3]

Traballou como asistente legal en París mentres traballaba na súa primeira novela gráfica, Aya of Yopougon. Abouet tentara escribir novelas para xente nova, mais renunciou pola frustración que percibía polas limitacións que esixían no xénero os editores. Finalmente, deixou o seu traballo para concentrarse na escritura a tempo completo..[3]

Aya of Yopougon

[editar | editar a fonte]

Aya of Yopougon foi a primeira obra que publicou Abouet. Tamén foi o seu primeiro traballo nas novelas gráficas, ademais dun traballo en colaboración co seu marino, que en Aya of Yopougon realizou o seu traballo como ilustrador de novelas gráficas. Ela viuse influída a realizar unha novela gráfica por Marjane Satrapi, autora de Persépole.[2] Tamén xurdiu do seu desexo de amosar unha África centrada en temas diferentes á guerra e á fame.[4] As súas personaxes asisten ao colexio, traballan, fan plans para o futuro e vense en leas cotiás en Costa do Marfil igual que ocorre en calquera outro lugar.[5] A historia foi adaptada nun filme adaptado codirixido por Abouet.[6]

Abouet nega que Aya of Yopougon sexa autobiográfico, agás no sentido de que amosa unha Costa do Marfil familiar para ela. As personaxes están baseadas en xente que coñeceu durante a súa vida, mais as situacións son ficticias.[2]

Aya of Yopougon foi considerado un éxito, especialmente para unha autora novel. Gañou o premio á mellor opera prima no Festival de Angoulê de 2006 e vendeu máis de 200 000 exemplares en Francia.[7] Abouet tamén convenceu ao seu editor francés para vender copias máis baratas de tapa blanda en Costa do Marfil.[7]

  1. 1,0 1,1 Marguerite Abouet & Clément Oubrerie Biografía Arquivado 26 de setembro de 2020 en Wayback Machine. en Drawn and Quarterly.
  2. 2,0 2,1 2,2 Zuarino, John, "An Interview with Marguerite Abouet" Arquivado 20 de febreiro de 2020 en Wayback Machine., Bookslut (maio de 2007).
  3. 3,0 3,1 Ajayi, Angela. "Drawing on the Universal in Africa: An Interview with Marguerite Abouet" Arquivado 04 de xuño de 2009 en Wayback Machine., Wild River Review website.
  4. Review of Aya[Ligazón morta]. Ilyuhen
  5. Deppey, Dirk (19 de marzo de 2007). "Review of Aya". The Comics Journal. 
  6. "Aya of Yop City (2013)", IMDb.
  7. 7,0 7,1 Berretta, Davide (5 de setembro de 2008). "The Cartoon Heart of Africa". The Wall Street Journal. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]