Lucía Baquedano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lucía Baquedano
Nacemento18 de decembro de 1938
 Pamplona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
Cónxuxeadvérbio de afirmação
editar datos en Wikidata ]

Lucía Baquedano Azcona, nada en Pamplona o 18 de decembro de 1938, é unha escritora e xornalista navarra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou secretariado e traballou durante 9 anos como secretaria, até que casou e foi vivir a Tarragona. Tempo despois regresou á súa cidade natal

En 1979 presentouse á convocatoria de premios literarios da Fundación Santamaría coa novela Cinco panes de cebada, que foi finalista do premio Gran Angular, o que a animou a seguir escribindo. A obra, publicada en 1981 por SM, aborda a problemática dunha mestra nova cando chega a dar clase nun colexio nos Pireneos.[1]

Amais do seu labor como escritora, escribe artigos xornalísticos en medios de comunicación. En Diario de Navarra escribe no espazo "La ventana"[2] sobre actualidade, cultura e literatura.[3]

Ten 4 fillos, e é avoa.[4]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Cinco panes de cebada (1981)
  • De la Tierra a Harley (1988)
  • Los candelabros de Santa Bárbara (1988)
  • Los divertidos líos de la noche (1988)
  • Nosotros, los otros y los demás (1991)
  • Los bonsáis gigantes (1992)
  • La casa de los diablos (1992)
  • ¡Pobre Antonieta! (1994)
  • Inventando historias (1995)
  • Me llamo Pipe (1995)
  • La peseta de Birlibirloque (1999)
  • Las botas de diez por uno (2000)
  • El pueblo sombrío (2002)
  • La buhardilla (2003)
  • El trébol de esmeraldas (2005)
  • El reloj que no decía cucú (2009)
  • Un fantasma para Ángela (2011)
  • Fantasmas de día (2012)
  • Un millón de poesías (2015)

Premios e recoñecementos[5][editar | editar a fonte]

  • Premio Gran Angular por Cinco panes de cebada, 1979
  • Premio O Barco de Vapor polo conto La muñeca que tenía 24 pecas, 1980
  • Premio O Barco de Vapor por Fantasmas de día, 1986
  • Lista de Honra da IBBY con Fantasmas de día, 1988
  • Boletín Anual de Libros recomendados da Jugendbibliothek de Múnic con Fantasmas de día, 1988
  • Finalista do Premio Internacional Infanta Elena con La casa de los diablos, 1990
  • Premio da Comisión Católica Española para a Infancia (CCEI) por La casa de los diablos, 1993
  • Premio Librerío da Feria del Libro de Almería por Me llamo Pipe, 1995
  • Premio da Comisión Católica Española para a Infancia (CCEI) por El pueblo sombrío, 2002 [6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Entrevista a Lucía Baquedano: “Después de los padres, es el maestro quien debe encauzar bien a un niño”". Consultado o 1 de decembro de 2017. 
  2. ""La ventana", artículos de Lucía Baquedano en Diario de Navarra". Consultado o 1 de decembro de 2017. 
  3. "Lucía Baquedano, su labor como articulista". Consultado o 1 de decembro de 2017. 
  4. "Biografía de Lucía Baquedano". Consultado o 1 de decembro de 2017. 
  5. "Premios y reconocimientos". Consultado o 1 de decembro de 2017. 
  6. "Premio CCEI 2002". Consultado o 1 de decembro de 2017.