Naomi Mitchison

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Naomi Mitchison
Naomimitchison.jpg
Nacemento1 de novembro de 1897
 Edimburgo
Falecemento11 de xaneiro de 1999
 Carradale
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterDragon School
Ocupaciónenfermeira, poeta, escritora, escritora de ciencia ficción e lingüista
PaiJohn Scott Haldane
CónxuxeDick Mitchison, Baron Mitchison
FillosMurdoch Mitchison
IrmánsJ. B. S. Haldane
PremiosCommander of the Order of the British Empire
editar datos en Wikidata ]

Naomi Mary Margaret Mitchison, nada en Edimburgo o 1 de novembro de 1897 e finada en Carradele o 11 de xaneiro de 1999, foi unha escritora escocesa. Coñecida como a decana da literatura escocesa, escribiu máis de 90 libros de xéneros diversos como a novela histórica, ciencia ficción, libros de viaxes e autobiografía.[1] En 1981 foi nomeada CBE (Commander of the Order of the British Empire).[2]

Naomi Mitchison foi unha feminista comprometida, especialmente coa campaña polo control de natalidade. We Have Been Warned (1935) é a súa obra máis controvertida pola sexualidade explícita. O libro foi rexeitado polas editoriais máis importantes e finalmente censurado.[3]

A súa novela The Corn King and the Spring Queen (1931) está considerada unha das mellores novelas históricas do século XX.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naomi Mary Margaret Haldane foi a filla máis nova do médico John Scott Haldane e a súa muller Louisa Kathleen Trotter. O pai era seguidor do Partido Liberal e a súa nai, procedente dunha familia proimperialista, do Partido Conservador. As dúas familias eran terratenentes. O clan dos Haldane foran baróns feudais en Gleneagles desde o século XIII.

Seguindo os pasos do seu pai John Scott Haldane e do seu irmán maior J. B. S. Haldane, Naomi Mitchison quixo ser investigadora científica. En 1908 ela e o seu irmán maior comezaron a investigar a xenética mendeliana. En 1915 publicaron un artigo que supuxo a primeira demostración do ligamento xenético en mamíferos.[5]

Naomi, ao igual ca o seu irmán, foi ao Oxford Preparatory (despois Dragon School) en Oxford entre 1904 e 1911. Era a única rapaza.[6] Entre 1911 e 1914 tivo unha profesora particular, e en 1914 logrou entrar na Universidade de Oxford para estudar un grao en ciencias naturais. Comezou a estudar unha diplomatura na Society of Oxford Home Students (despois St Anne's College, Oxford), mais a primeira guerra mundial fixo que se interesase pola enfermaría. En 1915 fixo un curso de primeiros auxilios e enfermería doméstica, e uniuse a Voluntary Aid Detachment na Escola Hospital de St Thomas en Londres. Alí contraeu a escarlatina.[7]

Matrimonio e vida familiar[editar | editar a fonte]

O 11 de febreiro de 1916 casou co barrister Gilbert Richard Mitchison (1894 – 1970), amigo do seu irmán John. Procedente tamén dunha familia rica, estivo na fronte occidental durante a guerra, e despois foi conselleiro da raíña e político do Partido Laborista. Naomi tivo un papel activo na carreira política do seu home.[8]

O matrimonio de Dick e Naomi Mitchison non era completamente satisfactorio, e acordaron ter unha relación aberta. Tanto ela como o seu marido tiveron outras relacións, que levaron con dignidade e descritas con humor. Na súa autobiografía You May Well Ask: A Memoir 1920-1940 conta que tivo un amante con quen tivo unha relación fonda, ao que escribía poemas de amor e a quen botou moito de menos logo de que el casase e considerase incompatible continuar coa relación; isto foi en 1934 e ela mitigou a tristura asumindo a misión arriscada de axudar socialistas perseguidos na Austria dominada polo fascismo. Tempo despois ela seguiu con relacións menos intensas, pero sempre procurando usar métodos anticonceptivos cos seus amantes. Deixaba que os seus fillos fosen criados polo pai, se ben soñaba con que no futuro as súas fillas puidesen "ter fillos con diversos pais, escollidos sen censura".[9]

Naomi e Dick tiveron sete fillos, catro nenos e tres nenas. Viviron en Hammersmith entre 1923 e 1939. Nese ano mercaron unha casa en Carradale (Kintyre), onde pasaron o resto das súas vidas. A vivenda era frecuentada por xente de todo tipo, desde nobres, políticos e escritores, a pescadores e granxeiros veciños.[10] En 1949, xunto co pescador local Denis MacIntosh, escribiu o documental de pesca Men and Herring: A Documentary, adaptado en 1959 como o docudrama Spindrift pola BBC.[11]

Carreira literaria[editar | editar a fonte]

Mitchison foi unha autora prolífica, e publicou máis de 90 obras de xéneros e estilos diversos. A súa primeira novela foi a novela histórica The Conquered (1923), ambientada no século I a.C. durante as guerras galas de Xulio César, e a súa segunda novela Cloud Cuckoo Land (1925) está ambientada no século V a.C. na Antiga Grecia durante a guerra do Peloponeso.

Activismo[editar | editar a fonte]

Na década de 1930 converteuse nunha socialista militante, ao igual ca o seu irmán. En 1932 visitou a Unión Soviética[12] e anos despois foi a Austria a combater o fascismo[13][14]

Obra[editar | editar a fonte]

Autobiografías[editar | editar a fonte]

  • Small Talk: Memoirs of an Edwardian Childhood (1973; reeditada en 2009 cun ensaio introdutorio de Ali Smith)
  • All Change Here: Girlhood and Marriage (1975)[15]
  • You May Well Ask: A Memoir 1920–1940 (1979)
  • Mucking Around (1981)[16]
  • Among You Taking Notes. The Wartime Diary of Naomi Mitchison (1986; notas autobiográficas dos seus diarios durante a segunda guerra mundial, escritos para Mass Observation, escolmadas e editadas por Dorothy Sheridan)[16][17]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • The Conquered (1923; reeditada en 2009 con introdución de Isobel Murray)
  • Cloud Cuckoo Land (1925; reeditada en 2011 con introdución de Isobel Murray)
  • Anna Comnena (1928; reeditada en 2009 con introdución de Isobel Murray)
  • The Hostages (1930)
  • The Corn King and the Spring Queen (1931)
  • Boys and Girls and Gods (1931)
  • The Prince of Freedom (1931)
  • Powers of Light (1932)
  • The Delicate Fire (1933; reeditada en 2012 con introdución de Isobel Murray)
  • Beyond this Limit (1935; debuxos de Wyndham Lewis e textos de Naomi Mitchison)
  • We Have Been Warned (1935; reeditada en 2012 con introdución de Isobel Murray)
  • The Blood of the Martyrs (1939)
  • The Bull Calves (1947; reeditada en 2013 con introdución de Isobel Murray)
  • The Big House (1950; reeditada en 2009 con introdución de Moira Burgess)
  • Travel Light (1952)
  • Graeme and the Dragon (1954
  • The Land the Ravens Found (1955)
  • To the Chapel Perilous (1955)
  • Little Boxes (1956)
  • Behold Your King (1957)
  • The Young Alexander the Great (1960)
  • Memoirs of a Spacewoman (1962)
  • The Fairy who Couldn't Tell a Lie (1963)
  • Ketse and the Chief (1965)
  • When We Become Men (1965)
  • Friends and Enemies (1966)
  • Big Surprise (1967)
  • Family at Ditlabeng (1969)
  • Don't Look Back (1969)
  • Far Harbour (1969)
  • Sun and Moon (1970)
  • Cleopatra's People (1972)
  • Sunrise Tomorrow: A Story of Botswana (1973)
  • Danish Teapot (1973)
  • Solution Three (1975; con Susan Merrill Squier)
  • Snake! (1976)
  • Two Magicians (con Dick Mitchison, 1979)
  • The Vegetable War (1980)
  • Not by Bread Alone (1983)
  • Early in Orcadia (1987)
  • Images of Africa (1987)
  • As It Was (1988)
  • The Oath-takers (1991)
  • Sea-green Ribbons (1991)
  • The Dark Twin (con Marion Campbell, 1998)

Relatos[editar | editar a fonte]

  • When the Bough Breaks and Other Stories (1924)
  • The Laburnum Branch (1926)
  • Black Sparta (1928)
  • Barbarian Stories (1929)
  • Beyond This Limit: Selected Shorter Fiction of Naomi Mitchison (1935)
  • The Fourth Pig (1936)
  • Five Men and a Swan (1957)
  • The Brave Nurse: And Other Stories (1977)
  • Cleansing of the Knife: And Other Poems (poemas; 1979)
  • What Do You Think Yourself: and Other Scottish Short Stories (1982)
  • A Girl Must Live: Stories and Poems (poems) (1990)

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Nix-Nought-Nothing (1928)
  • The Price of Freedom. A play in three acts (con Lewis Gielgud Mitchison, 1931)
  • An End and a Beginning (1937)

Non ficción[editar | editar a fonte]

  • Vienna Diary (1934)
  • The Moral Basis of Politics (1938)
  • Return to the Fairy Hill (1966)
  • African Heroes (1968)
  • The Africans: From the Earliest Times to the Present (1971)
  • A Life for Africa: The Story of Bram Fischer (1973)
  • Oil for the Highlands? (1974)
  • Margaret Cole, 1893–1980 (1982)
  • Rising Public Voice: Women in Politics Worldwide (1995)
  • Essays and Journalism. Volume 2: Carradale (2009; edición e introdución de Moira Burgess)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Naomi Mitchison". The Editors of The Gazetteer for Scotland. Consultado o 13 de maio de 2014. 
  2. Leckey, ed.: Cathy Hartley; contributor: Susan (2003). Europa Publications, ed. A Historical Dictionary of British Women (Rev. ed.). Londres. ISBN 185-74-3228-2. 
  3. Harrison, Sophie (17 de xaneiro de 1999). "Monitor: The late Naomi Mitchison – as remembered by the world's newspapers". The Independent. Consultado o 13 de maio de 2014. 
  4. Longford, Elizabeth (13 de xaneiro de 1999). "Obituary: Naomi Mitchison". The Independent. Consultado o 14 de maio 2014. 
  5. Haldane, J. B. S.; Sprunt, A. D.; Haldane, N. M. (1915). "Reduplication in mice (Preliminary Communication)". Journal of Genetics 2: 133–135. doi:10.1007/BF02985370. 
  6. Oman, C. (1976): An Oxford Childhood. London: Hodder and Stoughton, p. 149. ISBN 0340212659
  7. Maslen, Elizabeth (2004). "Mitchison [née Haldane], Naomi Mary Margaret". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/50052. Consultado o 14 de maio de 2014. 
  8. Jeger, Lena (13 de xaneiro de 1999). "Naomi Mitchison: Among us, taking a century's notes". The Guardian. Consultado o 14 de maio 2014. 
  9. Mitchison, Naomi (1979). "8: Patterns of Loving". En Fontana Paperbacks. You May Well Ask: A Memoir 1920-1940. London. ISBN 978-0-00654-193-6. 
  10. Hoge, Warren (16 de xaneiro 1999). "Naomi Mitchison Dies at 101; Author and Feminist Rebel". The New York Times. Consultado o 11 de abril de 2016. 
  11. British Universities Film & Video Council (ed.). "Spindrift". Consultado o 11 de abril de 2016. 
  12. "...she (Mitchison) visited the Soviet Union in 1932, but unlike many Fabians, she returned to Britain with some negative impressions of the changes in Stalin's homeland". Urquhart, Conal. "Writer with an Unquenchable Thirst for Life" (obituary). The Scotsman, 12 de xaneiro de 1999, (p. 3).
  13. Montefiore, Janet (1996): Men and Women writers of the 1930s: The Dangerous Flood of History. Routledge, ISBN 0415068924 (pp. 17, 60 e 202).
  14. Caldecott, Léonie (1984): Women of Our Century. British Broadcasting Corporation. ISBN 0563202718 (p. 27)
  15. Meschia, Karen (2010). "Naomi the Poet and Nella the Housewife: Finding a Space to Write from: The Wartime Diaries of Naomi Mitchison and Nella Last". Miranda 2. 
  16. 16,0 16,1 Jeger, Lena (13 January 1999). "Among us, taking a century's notes". The Guardian. Consultado o 11 de abril de 2016. 
  17. Stringer, Jenny (1996). Oxford University Press, ed. The Oxford Companion to Twentieth-century Literature in English. Oxford. p. 453. ISBN 978-0-19-212271-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]