Beatriz Gimeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Beatriz Gimeno
Beatriz Gimeno 2016.JPG
Nome completoBeatriz Gimeno Reinoso
Nacemento9 de maio de 1962
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica, activista LGBT e feminista
CónxuxeBoti García Rodrigo
editar datos en Wikidata ]

Beatriz Gimeno Reinoso, nada en Madrid o 9 de maio de 1962[1], é unha política e activista española en favor dos dereitos LGBT. Desde xuño de 2015 é deputada por Podemos da X Lexislatura da Asemblea de Madrid[2] e responsable da área de igualdade de Podemos na Comunidade de Madrid.[3] Foi presidenta da Federación Española de Lesbianas, Gays, Transexuales y Bisexuales entre 2003 e 2007, período no que se aprobou o matrimonio entre persoas do mesmo sexo en España e Madrid foi elixida como sede do Europride 2007.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Beatriz Gimeno estudou Filoloxía semítica.[1] En 1985 foi vivir coa súa familia a Sevilla, e en 1988 comezou a asistir a reunións dunha asociación feminista, primeira das moitas nas que posteriormente chegou a militar.[1] Ao regresar a Madrid uniuse ao Colectivo de Gays, Lesbianas, Transexuales y Bisexuales de Madrid, e en 1995 comenzou a centrarse na FELGTB.[1] Foi Secretaria Xeral da federación até que en 2002 asumiu a presidencia en substitución de Pedro Zerolo.[1] Foi substituída no cargo o 6 de marzo de 2007 por Antonio Poveda, e pasou a ser vogal de cultura dentro da FELGTB, promovendo os estudos LGBT na cultura e a universidade.[5] Beatriz Gimeno é colaboradora de diversos medios de comunicación, como o diario dixital El Plural.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Nas eleccións autonómicas de Madrid celebradas en 2015 Gimeno concorreu como número 4 nas listas de Podemos, e acadou un escano como deputada ao Parlamento de Madrid.[6] En febreiro de 2017 liderou xunto a Miguel Urbán a lista da corrente Anticapitalistas para as primarias de Podemos.[7]

Posicionamentos[editar | editar a fonte]

Feminista lesbiana[editar | editar a fonte]

Gimeno sinalou a existencia dun 'machismo gay' dentro do movemento homosexual, debido ao cal as mulleres serían 'dobremente discriminadas' pola súa condición de lesbianas e mulleres.[8] Publicou diversas obras especializadas sobre o tema do feminismo lésbico e posicionouse en numerosas ocasións en contra da legalización da prostitución, denunciando a mercantilización e o neoliberalismo sobre os corpos das mulleres.[9][10]

Matrimonio entre persoas do mesmo sexo en España[editar | editar a fonte]

Durante a tramitación da lei para aprobar en España o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, Gimeno, como Presidenta da FELGTB, arremeteu contra a postura do Partido Popular e da igrexa católica, que se opuñan de forma frontal á regularización das parellas homosexuais. A FELGTB convocou unha manifestación multitudinaria, coincidindo coa celebración do día Internacional do Orgullo LGBT, para celebrar a aprobación da nova lei.[11]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Tras unha relación dunha década coa tamén activista FELGTB Boti García Rodrigo, casaron en decembro de 2005. Á voda -oficiada por Inés Sabanés, coa participación do concelleiro do PSOE Pedro Zerolo e do PP Luis Asua- asistiron 110 persoas, entre elas o coordinador xeral de IU Gaspar Llamazares, a secretaria de Estado de Cooperación Internacional Leire Pajín, o Defensor do Poblo (Ararteko) do País Vasco Íñigo Lamarca, a escritora Almudena Grandes e o poeta Luis García Montero.[12] Gimeno ten un fillo nado na década de 1980.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Primeras caricias: 50 mujeres cuentan su primera experiencia con otra mujer (Ediciones de la Tempestad, 2002)
  • ¿Seré lesbiana? (Cyan, 2004; con Boti García Rodrigo)
  • Su cuerpo era su gozo (Foca, 2005)
  • La liberación de una generación: historia y análisis político del lesbianismo (Gedisa, 2006)
  • La luz que más me llama (Olifante, 2009)
  • Deseo, placer (InÉditor, 2009)
  • La prostitución (Bellaterra, 2012)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Beatriz Gimeno: Biografía". Lesbian Lips. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 27 de marzo de 2007. 
  2. "Relación de Sres. Diputados que constituyen la Asamblea de Madrid de la X Legislatura" (PDF). Boletín Oficial de la Asamblea de Madrid núm. 1 de 10 de junio de 2015 (Asamblea de Madrid): 3–4. ISSN 1131-7043. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  3. "Beatriz Gimeno". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2017. 
  4. "Madrid será la sede del festival del Orgullo Gay europeo en 2007". El País. Consultado o 18 de abril de 2007. 
  5. ""En política vende ser gay; ser lesbiana, no"". El País. Consultado o 18 de maio de 2007. 
  6. Ríos, Daniel. "La dirección de Podemos incluye a seis colaboradores de Tania Sánchez en su lista para Madrid". infoLibre.es (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2017. 
  7. "Esta es la lista de Anticapitalistas para las primarias de Podemos". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2017. 
  8. "Entrevista a Beatriz Gimeno". El Mundo. Consultado o 27 de marzo de 2007. 
  9. "Desinforma, que si es acerca de la prostitución seguro que cuela". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2017. 
  10. "Beatriz Gimeno Prostitución y Neoliberalismo Sexual". 27 de novembro de 2015. Consultado o 2 de febreiro de 2017. 
  11. "Multitudinaria marcha orgullo gay festeja matrimonio homosexual". Terra. 2 de xullo de 2006. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2012. Consultado o 8 de marzo de 2007. 
  12. "Dos históricas activistas lesbianas se casan". El Mundo. Consultado o 27 de marzo de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]