Enriqueta González Rubín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEnriqueta González Rubín
Biografía
Nacemento17 de abril de 1832 Editar o valor em Wikidata
Santianes, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de novembro de 1877 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
L'Infiestu, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua asturiana Editar o valor em Wikidata


Enriqueta González Rubín, nada en Ribeseya o 17 de abril de 1832 e finada en L'Infiestu (Piloña) o 9 de novembro de 1877, foi unha escritora e xornalista asturiana. Foi unha das primeiras mulleres en cultivar a narrativa en lingua asturiana. En 2009 adicóuselle a XXX Selmana de les Lletres Asturianes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Colaborou decote con artigos, poemas e narracións en publicacións como El Faro Asturiano. No seu momento acadou certa sona, pero logo da súa morte caeu nun certo esquecemento.

Publicou dúas novelas en asturiano, unha por entregues en El Faro Asturiano no 1864, e Viaxe del tíu Pacho el Sordu a Uviedo, publicada en 1875.

Desde 2003 o Principado de Asturias convoca o Premio Enriqueta González Rubín de Periodismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Medina Quintana, Silvia (2010): "Enriqueta González Rubín: el sinciu d'una escritora del XIX" en Erada: Revista d'Historia Contemporánea d'Asturies nº3; p. 174-178

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]