Uxue Juárez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de setembro de 1981 ![]() Pamplona, España ![]() |
Educación | Universidade de Navarra ![]() |
Actividade | |
Ocupación | profesora, novelista ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Uxue Juárez Gaztelu, nada en Pamplona o 27 de setembro de 1981, é unha escritora, directora artística e profesora de instituto navarra. Escribe en lingua éuscara e lingua castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Navarra, especializándose en Estudos Anglonorteamericanos e Ensinanza da lingua castelá como lingua estranxeira (1999-2003). Desde 2004 traballa como profesora de educación secundaria.
Desde 1999 formou parte do obradoiro de poesía da Casa da Mocidade de Pamplona, amais de formarse en obradoiros de escritura creativa dirixidos pola escritora Susana Barragués e Regina Salcedo. Como correctora revisou a edición de Itzulerak/ Barne bidaiak. É colaboradora da revista Koult e do blog unlibroaldia, onde escribe artigos de crítica literaria. É directora do Encontro Poético Unicelular[1][2]
Obras
[editar | editar a fonte]- Cosas que crujen (2010)
- Así, Berlín (2014)
- En el principio era la nieve (2015)
- Bajo la lengua, bichos (2016)
- Casi ciervos (2016)
Algúns dos seus poemas foron publicados na revista literaria Luces y Sombras.
Premios
[editar | editar a fonte]- Primeiro Premio do Instituto Navarro da Igualdade polo relato "Oier" (1996)
- Premio INJUVE de Poesía por Cosas que crujen (2010)[3]
- Primeiro Premio do Certame de Poemas por SMS do Concello de Pamplona (2011)[4]
- Premio Proyecto "Yo También Leo" (2011)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La poeta mexicana Valerie Mejer visita el lunes Pamplona". Pamplona: Diario de Noticias. 6 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2015. Consultado o 03 de marzo de 2018.
- ↑ "Cinco autores, en el 2º Encuentro Poético Unicelular de Pamplona". Pamplona: Diario de Noticias. 21 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2014. Consultado o 03 de marzo de 2018.
- ↑ "Dos pamplonesas ganan uno de los premios "Creación Injuve 2010"". Diario de Navarra (en castelán) (Navarra). 3 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2014. Consultado o 03 de marzo de 2018.
- ↑ "Uxue Juárez Gaztelu gana el primer certamen de poemas con SMS". Pamplona: Diario de Navarra. 22 de marzo de 2011.