Morgan Parker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Morgan Parker
Morgan Parker 2017.jpg
Nacementoséculo XIX
 Estados Unidos de América
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
Alma máterUniversidade de Nova York e Universidade de Columbia
Ocupaciónpoeta, editora literaria e escritora
editar datos en Wikidata ]

Morgan Parker é unha poeta e editora estadounidense. É autora das coleccións de poesía Other People’s Comfort Keeps Me Up At Night (Switchback Books, 2015) e There are More Beautiful Things than Beyoncé (Tin House Books, 2017).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Parker graduouse en Antropoloxía e Escritura Creativa na Universidade de Columbia[1] e obtivo un máster en poesía na Universidade de Nova York.

Parker é editora en Little A e Day One. Ensinou escritura creativa na Universidade de Columbia, foi coadxunta das series de lecturas Poets With Attitude (PWA) canda a Tommy Pico, creadora e anfitrioa de Reparations, Live! na Ace Hotel de Nova York, e é membro de The Other Black Girl Collective co poeta e intérprete Angel Nafis.[2][3][4]

A súa poesía foi incluída en publicacións como The Awl, Poetry Foundation, Tin House e outros.[5] O seu traballo tamén foi incluído en Why I Am Not A Painter (Argos Books), The BreakBeat Poets: New American Poetry in the Age of Hip-Hop, e The Best American Poetry 2016.

En decembro de 2015 foi seleccionada como blogueira destacada da Poetry Foundation.[6]

Parker viviu en Nova York pero trasladouse ao sur de California no verán de 2017.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2017 - National Endowment for the Arts Literature Fellowship
  • 2016 - Pushcart Prize
  • 2013 - Gatewood Prize
  • 2012 - Cave Canem Fellowship[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]