Saltar ao contido

Aurora Vidal Caramés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAurora Vidal Caramés
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1934 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra, escritora Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiXoán Vidal Martínez Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1151763 BUSC: vidal-carames-maria-dolores-aurora-1934


María Dolores Aurora Vidal Caramés, nada en Pontevedra o 23 de marzo de 1934, é unha mestra e escritora galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Xoán Vidal Martínez e María Josefa Aurora Caramés Monteagudo, nada en Vilar de Mato (Cequeril, Cuntis)[1]. Tivo tres irmáns e catro irmás, entre elas a tamén escritora Clementina Vidal Caramés, e foi sobriña da poeta Aurora Vidal Martínez.

En 1949 representou o papel protagonista dunha obra de teatro da súa tía, Camino de Belén. Estudou Maxisterio e en 1960 foi destinada a Icod de los Vinos, Tenerife. En 1970 estreouse a súa obra Belén Isleño no Teatro Guimerá de Santa Cruz de Tenerife, editado en 1982 e aínda representado decote no Nadal nas illas Canarias.

En 1984 regresou a Pontevedra, onde fundou e dirixiu unha aula de teatro escolar. Entre 1994 e 2004 formou parte da Coral Polifónica de Pontevedra.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1958 con Joaquín Sanmartín Carballeda[2]

  • Belén Isleño (1982)
  • Niebla en la orilla (1988; prólogo de Carlos Acosta)
  • De crepúsculo a crepúsculo (2005)
  • Voz alzada (2008)
  • Páxinas da memoria (2009)
  • Xoán Vidal Martínez: vida e obra (Deputación de Pontevedra, 2009; xunto a Clementina Vidal Caramés)
  • Derradeira proeza do Marqués de Bradomín pola que tomou parte nas súas exequias (2010)
  • Citania (2011; con Clementina Vidal Caramés)
  • Nivaria (2011)

Participación en escolmas

[editar | editar a fonte]
  • Antología poética del Grupo Tambo (2000)
  • Coroa literaria para Roberto Blanco Torres
  • 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez
  1. Xoán Vidal Arquivado 22 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., na web Xenealoxía.
  2. "Ares. Enlace Sanmartín-Vidal". El Correo Gallego. 19 de xullo de 1958.