María Dolores Fernández-Posse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Dolores Fernández-Posse
Biografía
Nacemento1945 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte2007 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra
Universidade de Granada Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarqueóloga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 225637


María Dolores Fernández-Posse y de Arnáiz, nada en Ferrol en 1945 e finada en Madrid en 2007, foi unha arqueóloga galega, dedicada á investigación da Prehistoria recente na Meseta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Navarra e realizou estudos de Doutoramento en Arqueoloxía na Universidade de Granada.[1] En 1975 incorporouse como técnico á Comisaría de Escavacións do Ministerio de Cultura. Colaborou na década de 1970 con Antonio Blanco Freijeiro e Beno Rothenberg nos proxectos de Río Tinto (provincia de Huelva) e do val de Timna (Israel).

A súa tese doutoral, lida en 1980, centrouse no sitio arqueolóxico de Arevalillo de Cega (Provincia de Segovia), e supuxo un grande avance no coñecemento da Cultura de Cogotas. Tras isto, e tamén centrada no estudo deste período da Prehistoria, desenvolveu un programa de investigación para o estudo da Idade de Bronce na Mancha oriental, formando equipo cos arqueólogos Antonio Gilman Guillén, Manuel Fernández-Miranda e Concepción Martín. Os avances logrados grazas a este proxecto permitiron coñecer mellor o modelo de ocupación e explotación do territorio da Prehistoria Recente na Meseta.[2] Realizou importantes estudos sobre cerámica Protocogotas e Cogotas I e sobre as actividades metalúrxicas neste período.

Desde mediados dos 1980 dirixiu escavacións no sitio do Acequión (Provincia de Albacete), sobre o que publicou diferentes estudos sobre aspectos como a configuración das unidades domésticas, sistemas de produción ou precisións cronolóxicas sobre o Bronce Manchego.

É fundamental a publicación póstuma sobre as comunidades agrarias na Idade de Bronce na Mancha Oriental, que viu a luz tras en 2008, meses despois do seu falecemento.

Desenvolveu diferentes proxectos de investigación nas Medulas (Provincia de León), a través do Consello Superior de Investigacións Científicas, xunto ao tamén arqueólogo Javier Sánchez Palencia. Co seu traballo, contribuíu á valorización deste sitio como Paisaxe Cultural da Humanidade. Así mesmo foi directora desde a súa creación da revista Bienes Culturales: revista del Instituto del Patrimonio Histórico Español.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • FERNÁNDEZ-POSSE, M. D. (2008): Las comunidades agrarias de la Edad del Bronce en La Mancha oriental: (Albacete). Madrid: CSIC. Instituto de Historia. Instituto de Estudios Albacetenses, 2008. ISSN 978-84-00-08676-3
  • GILMAN GUILLÉN, A., FERNÁNDEZ MIRANDA, M., FERNÁNDEZ- POSSE, M. D. & MARTÍN, C. (1997). «Preliminary Report on a Survey Program of the Bronze Age of Northern Albacete Province, Spain». Encounters and Transformations: The Archeology of Iberia in Transition (Ed. M.S. Balmuth, A. Gilman & L. Prados- Torreira). Sheffield, Sheffield Academic Press. ISBN 978-1-85075-593-0.
  • GILMAN GUILLÉN, A., FERNÁNDEZ- POSSE, M. D. & MARTÍN, C. (1996). «Consideraciones Cronológicas sobre la Edad del Bronce en La Mancha» Complutum Extra II (6, pp. 111– 137). ISSN 1131-6993.
  • GILMAN GUILLÉN, A., MARTÍN, C. & FERNÁNDEZ- POSSE, M. D. (2000-2001). «Avance de un estudio del territorio del Bronce manchego». Zephyrus: Revista de prehistoria y arqueología (53-54, pp. 311– 322). ISSN 0514-7336.

Notas[editar | editar a fonte]