Ángeles Mastretta
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de outubro de 1949 Puebla de Zaragoza |
| Educación | Universidade Nacional Autónoma de México |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, escritora |
| Participou en | |
| 2016 | Feira Internacional do Libro de Santiago de 2016 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Héctor Aguilar Camín |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Latin American Women Writers: an Encyclopedia |
Ángeles Mastretta, nada en Puebla o 9 de outubro de 1949, é unha escritora e xornalista mexicana, colecida por crear personaxes femininos suxestivos e ficcións que reflicten as realidades sociais e políticas de México.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É filla do xornalista Carlos Mastretta,[1], quen traballaba vendendo coches. É irmá de Daniel e Carlos Mastretta, creadores do automóbil Mastretta MXT. Quedou orfa de pai aos vinte anos e comezou a traballar de xornalista mentres estudaba na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade Nacional Autónoma de México, na que ingresou en 1971, cando chegou a Cidade de México.[2] Como colaboradora ocasional publicaba en medios como Excélsior, La Jornada, Proceso e Ovaciones. Neste último tiña a columna Del absurdo cotidiano, na que escribía de temas diversos[2].
O Centro Mexicano de Escritores concedeulle unha bolsa en 1974, e comezou a traballar con autores como Juan Rulfo, Salvador Elizondo ou Francisco Monterde. Entre 1975 e 1977 foi directora de Difusión Cultural da ENEP-Acatlán, e despois pasou a dirixir o Museo del Chopo. En 1982 comezou a traballar no consello editorial da revista feminista FEM, no número 24. Repetiu ao ano seguinte no número 25, e seguiu de forma máis constante do 29 ao 40 en 1985.
Xunto con Germán Dehesa participou no programa de televisión La almohada, dedicado a charlas e entrevistas (1998). Ten un blog titulado Puerto libre[3] e escribe regularmente na revista Nexos,[4], da que é membro do consello editorial. O seu marido, Héctor Aguilar Camín, dirixiu a publicación entre 1983 e 1995. Colabora de forma esporádica en periódicos estranxeiros como Die Welt e El País.
A súa filla Catalina Mastretta tamén é escritora.[5]
É militante feminista, e fundou e organizou grupos como a Unión de Mujeres Antimachistas en Cidade de México.
Obras
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]- Arráncame la vida (1985)
- Mujeres de ojos grandes (1990)[6]
- Mal de amores (1996)
- Ninguna eternidad como la mía (1999)
- El cielo de los leones (2003)
Cuentos
[editar | editar a fonte]- Mujeres de ojos grandes (1990)
- Puerto libre (1993)
- El mundo iluminado (1998)
- Maridos (2007)
Memorias
[editar | editar a fonte]- La emoción de las cosas (2013)
- El viento de las horas (2015)
Poesía
[editar | editar a fonte]- La pájara pinta (1978)
- Desvaríos (1996)
Adaptacións
[editar | editar a fonte]- Arráncame la vida, filme dirixido por Roberto Sneider (2008)
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Mazatlán de Literatura por Arráncame la vida (1986)
- Premio Rómulo Gallegos por Mal de amores (1997)
- Águila Social (2005)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ángeles Mastretta: La mujer y su obra" Arquivado 14 de marzo de 2013 en Wayback Machine., artigo de Carlos M. Coria-Sánchez en Victoria 147, 5 de marzo de 2013 (acceso 18 de maio de 2013) (en castelán).
- 1 2 "Con la precisión del arrebato", entrevista de Ron Telchman; revista Nexos, n.º 112, 1 de abril de 1987 (en castelán)
- ↑ "Blog Puerto Libre".
- ↑ Artigos de Mastretta en Nexos
- ↑ "Todos los días son nuestros". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2016. Consultado o 23 de febreiro de 2018.
- ↑ "Mujeres de ojos grandes". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2017. Consultado o 23 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: México |
