Claribel Alegría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Claribel Alegría
Claribel Alegria.jpg
Nome completo Clara Isabel Alegría Vides
Nacemento 12 de maio de 1924
  Estelí
Falecemento 25 de xaneiro de 2018
  Managua
Nacionalidade Nicaragua e O Salvador
Educada en Universidade George Washington
Ocupación poetisa, xornalista, escritora, lingüista, tradutora, novelista, ensaísta e escritora de literatura infantil
Cónxuxe Darwin J. Flakoll
Premios Neustadt International Prize for Literature, Prémio Rainha Sofia, Premio Casa de las Américas, Ordem al Mérito Docente y Cultural Gabriela Mistral, Commander of the Order of the Star of Italian Solidarity e cabaleiro da orde das Artes e as Letras
editar datos en Wikidata ]

Clara Isabel Alegría Vides, nada en Estelí o 12 de maio de 1924 e finada en Managua o 25 de xaneiro de 2018, foi unha escritora, poeta, narradora, ensaísta e tradutora nicaraguana-salvadoreña.[1]

Traduciu ao castelán a poesía de Robert Graves e doutros autores anglosaxóns, por exemplo a antoloxía de poesía estadounidense Nuevas voces de Norteamérica (1983), importante selección das escolas poéticas do cuarto pechado (Mark Strand, por exemplo), poesía feminista (Susan Griffin, por caso) e poesía chicana. Inversamente, con axuda do seu marido Darwin J. Flakoll, presentou nunha pioneira antoloxía a prosa do "boom" latinoamericano nos Estados Unidos (New Voices of Hispanic America, 1962).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai foi Daniel Alegría, médico nicaraguano, e a súa nai, Ana María Vides, salvadoreña. Claribel considerábase a si mesma salvadoreña, xa que pasou a súa infancia na cidade de Santa Ana ao occidente do Salvador. Á idade de oito anos, Alegría presenciou a masacre de máis de trinta mil campesiños e indíxenas no Salvador. En Santa Ana estudou a educación nos niveis de primaria e secundaria.

En 1943 mudouse a Estados Unidos e en 1948 graduouse en Filosofía e Letras na Universidade George Washington[2] en Washington, D.C. Entre 1944 e 1947 tivo como mentor a Juan Ramón Jiménez.

Nos Estados Unidos casou co escritor e diplomático estadounidense Darwin J. Flakoll, con quen tivo catro fillos. Viviron en distintos países de América e Europa. En 1985 Claribel regresou a Nicaragua para axudar durante e despois da guerra de agresión imposta polos Estados Unidos á Revolución Sandinista.

Durante o seu desempeño como cónsul de Nicaragua en Estados Unidos foi declarada funcionaria non grata polo goberno de Ronald Reagan en represalia cara ao goberno nicaraguano por expulsar a un funcionario da súa embaixada en Managua.

Obra[editar | editar a fonte]

A súa literatura Enfócase á realidade do seu tempo e en compromiso social coa situación política. A súa poesía busca a democracia e a denuncia da opresión. Tamén realiza unha investigación formal no que se catalogou como un novo surrealismo de intencionada linguaxe da rúa, desgarrada, vehemente e até antiliterario.[3]

As tendencias ideolóxicas e literarias de Claribel son o reflexo da corrente literaria que se impulsou en Centroamérica nos anos de 1950-1960 coñecida como a "Xeración comprometida".[4] Os seus escritos abordan asuntos como o amor, a morte ou o anhelo e a esperanza vital.[5]

Entre as súas obras hai varias novelas históricas, como Somoza, expediente cerrado (1993) que fala da vida do ditador nicaraguano Anastasio Somoza Debayle. Este libro e outros foron escritos en colaboración co seu esposo Flakoll.

  • Anillo de silencio (poesía, 1948)
  • Suite (poesía, 1951)
  • Vigilias (poesía, 1953)
  • Acuario (poesía, 1955)
  • Tres cuentos (contos infantís, 1958)
  • Huésped de mi tiempo (poesía, 1961)
  • Vía única (poesía, 1965)
  • Aprendizaje (poesía, 1970)
  • Pagaré a cobrar (poesía, 1977)
  • El detén (novela curta, 1977)
  • Sobrevivo (poesía, 1978)
  • Tres poemas (caderno, 1978)
  • Suma y sigue (antoloxía poética, 1981)
  • Álbum familiar (novela curta, 1982)
  • Flowers from the Volcano (antoloxía poética traducida por Carolyn Forché, 1982)
  • Poesía viva (antoloxía poética, 1983)
  • Petit Pays (antoloxía poética, 1983)
  • Pueblo de Dios y de Mandinga (novela curta, 1985)
  • Despierta mi bien, despierta (novela curta, 1986)
  • They Won't Take Me Alive (testemuña, 1987)
  • Luisa en el país de la realidad (novela, 1987)
  • 'La mujer del río Sumpul (poesía, 1987)
  • Y este poema-rio (poesía, 1989)
  • Family Album (tres novelas curtas, 1990)
  • Fugues (poesía, 1993) Curbstone Press, USA.
  • 'Variaciones en clave de Mí (poesía)
  • Luisa en el país de la realidad (novela, 1994)
  • El niño que buscaba a ayer (conto infantil)
  • Umbrales\Thresholds (poesía, 1996)
  • Umbrales (poesía)
  • Clave de Mí (antoloxía poética)
  • Saudade (poesía)
  • Una vida en poemas (antoloxía)
  • Vía única (poesía, 2004)
  • Nicaragua: la Revolución Sandinista
  • Esto soy. Antología poética
  • Soltando amarras (2005)
  • Poemas de amor (2006)
  • Mágica tribu (2007)
  • Ars poética (antoloxía)
  • Pueblo de Dios y de Mandinga (2008)
  • Mitos y delitos (poesía)
  • Ojo de cuervo (antoloxía poética, 2010)
  • Savoir Faire (antoloxía poética)
  • Otredad (2011)
  • Claribel Alegría en el país de la realidad (2012)

Xunto con D.J. Flakoll[editar | editar a fonte]

  • New Voices of Hispanic America (antoloxía do boom latinoamericano, 1962)
  • Cenizas de Izalco (novela, 1966)
  • La encrucijada salvadoreña (ensaio, 1980)
  • Nicaragua: la revolución sandinista (historia-testemuña, 1982)
  • Cien poemas de Robert Graves (antoloxía poética, 1982)
  • Nuevas voces de Norteamérica (antología poética bilingüe de poesía estadounidense, 1983)
  • No me agarran viva (testemuña, 1983)
  • Para romper el silencio (testemuña, 1984)
  • They Won’t Take Me Alive (1987)
  • Ashes of Izalco (novela, 1989)
  • On the Front Line (antoloxía de poesía guerrilleira, editado e traducido con D.J. Flakoll, 1990)
  • Fuga de Canto Grande, (testemuña, 1992)
  • Somoza, expediente cerrado (1993)
  • Death of Somoza (testemuña, 1996)
  • Tunnel to Canto Grande(testemuña, 1996)

Traducións en colaboración con D.J. Flakoll[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Samaniego, Fabián A., Nelson Rojas, Maricarmen Ohara e Francisco X. Alarcon (2005): El mundo 21 hispano. Boston: Houghton Mifflin Company, 2005.
  • Montes Bradley, E. (2001) Cortázar: Apuntes para un documental

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]