Inma Chacón
Inma Chacón | |
---|---|
Nacemento | 3 de xuño de 1954 |
Lugar de nacemento | Zafra |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | escritora |
Irmáns | Dulce Chacón (escritora) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Inmaculada Chacón Gutiérrez, nada en Zafra (provincia de Badaxoz) o 3 de xuño de 1954, é unha narradora e poeta española, máis coñecida como Inma Chacón. É irmá xemelga de Dulce Chacón.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Estremadura nunha familia conservadora, aristócrata, de dereitas e do bando nacional, segundo palabras da súa irmá.[3] O seu pai, Antonio Chacón —alcalde de Zafra durante o franquismo— tiña inquietudes literarias: escribía poemas[4] co pseudónimo de Hache[3] e lía poesía á súa familia. Faleceu cando Inma e Dulce tiñan 11 anos. María Gutiérrez, a nai, tamén afeccionada á literatura[5], partiu coas nenas ao ano seguinte a Madrid, onde se instalaron.[6]
Doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, é profesora de Documentación na Universidade Rey Juan Carlos. Foi decana da facultade de Comunicación e Humanidades na Universidade Europea de Madrid, fundadora e directora da revista dixital Binaria e directora do Doutorado en Comunicación, Auxe Tecnolóxico e Renovación Sociocultural. Colabora con diversos medios escritos, e desde finais de 2005 é columnista de El Periódico de Extremadura.
A súa primeira novela, La princesa india, é unha homenaxe á súa irmá, pois era unha historia que ela quería escribir cando enfermou de cancro. Dulce pediulle a Inma que realizase ese proxecto, e ela decidiuse logo de atopar un colgante.[7]
En 2011 resultou finalista do Premio Planeta de Novela coa súa cuarta novela, Tiempo de arena. A escritora comentou daquela que agardaba que ese galardón lle dese identidade propia como autora, porque até entón houbera unha forte tendencia a identificala coa súa irmá.[8]
Obras[editar | editar a fonte]
- La princesa india (Alfaguara, 2005; novela)
- Alas (Ellago, 2006; poesía)
- Urdimbres (Ellago, 2007; poesía)
- Las filipinianas (Alfaguara, 2007)
- Nick (La Galera, 2011; novela xuvenil)
- Antología de la herida (Musa a la 9, 2011; poesía)
- Tiempo de arena (Planeta, 2011; novela)
- Mientras pueda pensarte (Planeta, 2013; novela)
- Tierra sin hombres (Planeta, 2016; novela)
Traballos colectivos[editar | editar a fonte]
- Las Cervantas. Obra de teatro escrita en colaboración con José Ramón Fernández para un proxecto de la Biblioteca Nacional de España, 2016.[9][10]
Premios[editar | editar a fonte]
- Finalista do Premio Planeta de Novela 2011 con Tiempo de arena
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Biografía de Inma Chacón". Lecturalia. Consultado o 25 de febreiro de 2011.
- ↑ "Biografía de Dulce Chacón". Lecturalia. Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 Monográfico del Círculo de Lectores
- ↑ "Dulce Chacón pierde su batalla contra la muerte", artigo en El País, 4 de decembro de 2003 (en castelán)
- ↑ Entrevista Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Conocer al Autor], 2009 (en castelán).
- ↑ Inma Chacón Arquivado 15 de maio de 2012 en Wayback Machine. en Escritoras (en castelán).
- ↑ "Inma Chacón rinde homenaje a su hermana Dulce con 'La princesa india'", artigo de Andrea Aguilar en El País, 20 de maio de 2005 (en castelán).
- ↑ "Inma Chacón: El Planeta me va a dar una identidad propia" Arquivado 26 de outubro de 2013 en Wayback Machine., entrevista de Carlos Gosch en ABC, 16 de outubro de 2011 (en castelán).
- ↑ "El montaje Las Cervantas, que formará parte del XXVII Festival de Teatro Clásico de Cáceres, se presenta en Madrid". Región Digital (en castelán). 29 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2016. Consultado o 17 de maio de 2016.
- ↑ "Presentación de Las Cervantas, pieza dramática escrita por Inma Chacón y José Ramón Fernández". Biblioteca Nacional de España (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Inma Chacón na web de Alfaguara]
- "Inma Chacón escribe el libro que su hermana gemela Dulce soñó", artigo de Carmen Sigüenza en El Mundo, 19 de maio de 2005 (en castelán)