Mary Gaitskill
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1954 (70 anos) Lexington, Estados Unidos de América |
Residencia | Nova York Condado de Marin San Francisco Toronto Pensilvania |
Educación | Universidade de Míchigan |
Actividade | |
Campo de traballo | Actividade literaria |
Ocupación | novelista, escritora |
Empregador | Universidade de California, Berkeley Universidade Temple (pt) Universidade de Syracuse Hobart and William Smith Colleges (en) Universidade Brown Universidade de Nova York The New School Universidade de Houston Claremont McKenna College (en) |
Influencias | |
Familia | |
Cónxuxe | Peter Trachtenberg (2001–2010), divorcio |
Premios | |
|
Mary Gaitskill, nada en Lexington (Kentucky) o 11 de novembro de 1954, é unha escritora estadounidense. As súas obras apareceron en The New Yorker, Harper's Magazine, Esquire, The Best American Short Stories (1993, 2006, 2012), e The O. Henry Prize Stories (1998, 2008).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Asistiu á Universidade de Míchigan, onde obtivo a súa licenciatura en letras e un premio Hopwood. En San Francisco vendeu flores. Nunha conversación co novelista e escritor de contos curtos Matthew Sharpe para a revista BOMB, Gaitskill dixo que elixiu converterse en escritora aos 18 anos porque estaba «indignada coas cousas, foi a típica sensación adolescente de que hai cousas malas no mundo e eu debía dicir algo». Amais, no seu ensaio Revelation contou que volveu ser cristiá aos 21 anos e o seu afastamento da relixión despois de seis meses.[1]
Casou co escritor Peter Trachtenberg en 2001, de quen se separou en 2010.[2] Viviu en Nova York, Toronto, San Francisco e no condado de Marin, California. Reside en Brooklyn.
Obraa
[editar | editar a fonte]- Bad Behavior (contos, 1988)
- Two Girls, Fat and Thin (novela, 1991)
- Because They Wanted To (relatos, 1997)
- Veronica (novela, 2005)
- Don't Cry (relatos, 2009)
- The Mare (novela, 2015)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sharpe, Matthew. "Mary Gaitskill" Arquivado 12 de novembro de 2011 en Wayback Machine.. Revista BOMB, primavera de 2009.
- ↑ "I'm Psychic... with Mary Gaitskill". Vice Magazine.