Eva García Sáenz de Urturi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eva García Sáenz de Urturi
Nome completoEva García Sáenz de Urturi
Nacemento1972
 Vitoria
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Alacant
Ocupaciónnovelista
editar datos en Wikidata ]

Eva García Sáenz de Urturi, nada en Vitoria (Áraba) en 1972, é unha novelista vasca en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con 15 anos foi vivir a Alacant. Estudou óptica e optometría na Universidade de Alacant, e despois pasou a traballar como docente nesa institución como técnica de biblioteca[1]

En 2012, logo de enviar sen éxito o texto a diversas editoriais, publicou con Amazon.com a súa primeira novela, La saga de los longevos.[2] En 2014 publicou Los hijos de Adán e Pasaje a Tahití.[3]

En 2016 publicou El silencio de la ciudad blanca, novela negra ambientada na súa cidade natal.[3] Para ambientarse no proxecto contactou cunha academia de policía, onde fixo dous cursos de inspección técnica ocular e revelado de pegadas. Segundo comentou, "O peor foi a inspección técnica ocular, pois tes que ver moitas fotos de crimes e foron dous meses moi intensos e técnicos, pero serviume para facer a novela máis verosímil e para escribir algo que non revolvese o estómago do espectador, quería unha historia que non salpicase sangue, máis elegante".[4]

Obra[editar | editar a fonte]

  • La saga de los longevos: la vieja familia (2012)
  • Los hijos de Adán (Saga de Los Longevos 2) (2014)
  • Pasaje a Tahití (2014)
  • El silencio de la ciudad blanca (2016)
  • Los ritos del agua (Ciudad Blanca 2) (2017)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Autores - Eva García Sáenz". La Esfera de los Libros. Consultado o 22 de outubro de 2016. 
  2. "De técnico en la biblioteca en la Universidad de Alicante a fenómeno mediático en Amazon". El Mundo. 23 de maio de 2012. Consultado o 22 de outubro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "La vitoriana Eva García Sáenz de Urturi presenta en la Catedral de Santa María su exitosa novela El silencio de la ciudad blanca". El Correo. 6 de xullo de 2016. Consultado o 22 de outubro de 2016. 
  4. África Pardo (19 de abril de 2016). "De la novela histórica a la criminal". Diario Información. Consultado o 22 de outubro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]