Lola Copacabana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lola Copacabana
Copacabana, Lola -FILSA 20171105 fRF02.jpg
Nacemento11 de novembro de 1980
 Buenos Aires
NacionalidadeArxentina
Ocupaciónescritora e tradutora
editar datos en Wikidata ]

Inés Gallo de Urioste, nada en Buenos Aires o 10 de novembro de 1980[1], é unha escritora, tradutora e editora arxentina, máis coñecida polo pseudónimo de Lola Copacabana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lola Copacabana deuse a coñecer a través do seu blog JustLola, creado en 2003, escrito nun formato similar a un diario tradicional: pequenos parágrafos que relataban diferentes aspectos da súa vida, desde a súa fascinación por Simone de Beauvoir até as súas relaciones de parella pasando pola maternidade e os estudos. Editorial Sudamericana propúxolle publicar un libro a partir do blog, titulado Buena leche.[2]

Amais de editar o seu blog durante dez anos, antologou e traduciu ao castelán do Río da Prata, xunto a Hernán Vanoli, Alt-lit: literatura norteamericana actual (2014, Interzona), antoloxía onde se explora o concepto da literatura alternativa, xénero literario no que se publican obras con deseños de Internet ou da cultura relacionada.[3]

Con Vanoli fundou o selo editorial Momofuku, que publicou en 2015 a súa primeira novela, Aleksandr Solzhenitsyn. Crimen y castigo en la Ciudad Autónoma de Buenos Aires. En 2017 foi seleccionada como unha dos 39 mellores autores latinoamericanos menores de 39 anos no marco do Hay Festival de Bogotá.[4]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Buena leche. Diario de una joven (no tan) formal (Editorial Sudamericana, 2006; relatos a partir do seu blog)
  • Aleksandr Solzhenitsyn. Crimen y castigo en la Ciudad Autónoma de Buenos Aires (Momofoku, 2015; novela)

NOtas[editar | editar a fonte]

  1. Escritores.org. "Copacabana, Lola". www.escritores.org (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2017. 
  2. "Una chica poco formal que saltó del blog al libro con sus diarios". La Nación. 18 de novembro de 2006. Consultado o 14 de outubro de 2017. 
  3. "Entrevista a Lola Copacabana en Momofuku libros". momofuku.com.ar (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2017. 
  4. "Los 39 jóvenes escritores latinoamericanos elegidos como los mejores del año". Infobae. 7 de maio de 2017. Consultado o 14 de outubro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligaźons externas[editar | editar a fonte]