Margaret Caroline Anderson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1886 Indianapolis, Estados Unidos de América |
Morte | 19 de outubro de 1973 (86 anos) Le Cannet, Francia |
Educación | Western College for Women (en) Miami University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura, edición e edição (pt) |
Ocupación | editora literaria, xornalista, editora colaboradora, crítica literaria, autobiógrafa, escritora, editora |
Movemento | Literatura moderna (pt) |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Dorothy Caruso (1942–1955) |
Parella | Jane Heap Georgette Leblanc |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Indiana Authors and Their Books, 1917-1966 (en) |
Margaret Caroline Anderson, nada en Indianapolis (Indiana) o 24 de novembro de 1886 e finada en Le Cannet (Francia) o 19 de outubro de 1973, foi unha editora, crítica literaria e escritora estadounidense, fundadora da revista de arte e literatura The Little Review, que entre 1914 e 1929 publicou unha colección de obras de autores estadounidenses, irlandeses e ingleses.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Anderson foi a maior das tres fillas de Arthur Aubrey Anderson e Jessie (Shortridge) Anderson. Remarou os estudos secundarios en Anderson en 1903, e fixo clases preparatorias durante dous anos no Western College for Women en Oxford (Ohio). Deixou este centro en 1906, despois do seu ano sabático, coa idea de ser pianista. No outono de 1908 marchou a Chicago, onde fixo crítica literaria para o semanario relixioso The Continent, antes de unirse á publicación The Dial. En 1913 era crítica literaria do Chicago Evening Post.
En marzo de 1914, durante o renacemento literario de Chicago, fundou a revista de literatura de vangarda The Little Review, que se converteu axiña nun medio de referencia[1][2] "Un órgano con dous intereses, a arte e as boas conversas sobre arte", o primeiro número contiña artigos sobre Nietzsche, o feminismo ou a psicanálise.
En 1916 Anderson coñeceu Jane Heap,[3], un intelectual espiritual inmerso no movemento Arts and Crafts de Chicago, e amante da novelista Djuna Barnes. Anderson e Heao convertéronse en amantes, e convenceuna para ser coeditora deThe Little Review. Heap asinaba os seus artigos simplemente como "jh", pero tivo calado polo seu contido radical.
Durante un tempo a revista editouse en Muir Woods, preto de San Francisco, e en 1917 mudouse a Nova York. Coa axuda de Ezra Pound, que actuaba de editor desde Londres, The Little Review publicou algúns dos autores máis influentes en lingua inglesa como Hart Crane, T. S. Eliot, Ernest Hemingway, James Joyce, o propio Pound ou William Butler Yeats. A poeta máis publicada na revista foi a dadaísta Elsa von Freytag-Loringhoven.[4] Outros dos artistas publicados foron Sherwood Anderson, André Breton, Jean Cocteau, Malcolm Cowley, Marcel Duchamp, Ford Madox Ford, Emma Goldman, Vachel Lindsay, Amy Lowell, Francis Picabia, Carl Sandburg, Gertrude Stein, Wallace Stevens, Arthur Waley ou William Carlos Williams. Porén, nunha ocasión a revista deixou unha ducia de páxinas en branco como protesta pola ausencia de novas obras interesantes[5]. En marzo de 1918 The Little Review comezou a publicar de forma episódica a novela Ulises de James Joyce.[6]
A comezos de 1924, a través de Alfred Richard Orage, Anderson coñeceu o mestre espiritual George Ivanovitch Gurdjieff. Logo de que el tivese un accidente de tráfico, foi visitalo canda a Georgette Leblanc, Jane Heap e Monique Surrere en Avon.[7][8]
Anderson e Heap adoptaron os dous fillos da irmá de Anderson, Lois, que estaba doente. Levaron a Lois e os seus fillos Tom e Arthur ‘Fritz’ Peters a Prieuré en xuño de 1924,[9] En 1925 os nenos regresaron a Nova York, acollidos por Alice B. Toklas e Gertrude Stein.[10] Despois Anderson foi vivir a Le Cannet, na Riviera Francesa, xunto coa cantante francesa Georgette Leblanc, Lois e a filla desta, Linda Card.
Anderson publicou a súa autobiografía en tres volumes: My Thirty Years' War (1930),[11] The Fiery Fountains, e The Strange Necessity. Despois publicou a novela autobiográfica Forbidden Fires.
En 1942, durante a segunda guerra mundial, foi evacuada aos Estados Unidos, coa pasaxe pagada por Hemingway. Na viaxe coñeceu a Dorothy Caruso, viúva do tenor Enrico Caruso. Comezaron unha relación romántica, e viviron xuntas até a morte de Caruso en 1955. Anderson regresou entón a Le Cannet, onde morreu en 1973.
Obras
[editar | editar a fonte]- My Thirty Years' War: An Autobiography (1930)
- The Fiery Fountains: The Autobiography: Continuation and Crisis to 1950 (1951)
- The Little Review Anthology, Hermitage House (1953)
- Margaret C. Anderson Correspondence with Ben and Rose Caylor Hecht (1959)
- The Strange Necessity: The Autobiography (1962)
- The Unknowable Gurdjieff (1962; memorias; adicado a Jane Heap)
- Forbidden Fires (1996; novela autobiográfica; edición de Mathilda M. Hills)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Margaret Anderson Dictionary of Literary Biography on Margaret (Caroline) Anderson.
- ↑ Margaret Anderson "The Cambridge Guide to Women's Writing in English", by Lorna Sage, Germaine Greer, Elaine Showalter. Cambridge University Press, 1999. ISBN 0-521-66813-1. "Page 16".
- ↑ Anderson - Jane Heap Yale.edu.
- ↑ Gammel, Irene. “The Little Review and Its Dada Fuse, 1918-1921.” Baroness Elsa: Gender, Dada, and Everyday Modernity. Cambridge, MA: MIT Press, 2002, 241.
- ↑ Modjourn.org (ed.). "The Little Review 3.6 (setembro de 1916)". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2013. Consultado o 3 de decembro de 2013.
- ↑ Modjourn.org (ed.). "The Little Review 4.11 (marzo de 1918)". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2013. Consultado o 3 de decembro de 2013.
- ↑ A Life for a Life, Fiery Mountains.
- ↑ Margaret Anderson Gurdjieff: The Key Concepts, de Sophia Wellbeloved. Routledge, 2003, ISBN 0-415-24897-3. Page 246.
- ↑ Chapter 5 - 1924 Gurdjieff's America: Mediating the Miraculous, de Paul Beekman Taylor. Lighthouse Editions Limited, 2004. ISBN 1-904998-00-3. Páx 62.
- ↑ The Biography of Alice B. Toklas, de Linda Simon. Universidade de Nebraska, 1991. ISBN 0-8032-9203-1. Páx. 171.
- ↑ The Little Review's Founder Tells Its Story and Her Own (contido baixo subscrición) New York Times, 25 de maio de 1930.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barnet, Andrea (2004). Algonquin Books, ed. All-Night Party: The Women of Bohemian Greenwich Village and Harlem, 1913-1930. Chapel Hill, NC. ISBN 1-56512-381-6.