Francisca Sarasate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Francisca Sarasate
Francisca Sarasate de Mena. 1893.jpg
Alcume Francisca Sarasate de Mena
Nacemento 29 de novembro de 1853
  A Coruña
Falecemento 1 de maio de 1922
  Pamplona
Nacionalidade España
Ocupación escritora
editar datos en Wikidata ]

Francisca Sarasate Navascués, nada na Coruña o 29 de novembro de 1853 e finada en Pamplona o 1 de maio de 1922, foi unha escritora navarra de orixe galega. Asinou algúns dos seus libros como Francisca Sarasate de Mena debido ao apelido do seu home.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do músico militar Miguel Sarasate Juanenay e de Francisca Javiera Navascués Oacharena. Foi irmá do violinista Pablo Sarasate, e tivo outras dúas irmás, Micaela e María. Casou co catedrático e escritor Juan Cancio Mena, finado en abril de 1916.

A súa primeira novela foi unha colaboración na publicación madrileña La Ilustración Española y Americana en 1879. En 1882 foi 5º premio -consistente nunha pluma de ouro- no certame organizado polo concello de Alba de Tormes con motivo do III Centenario da morte de Tareixa de Ávila. Pronunciou varias conferencias no Ateneo de Zaragoza, e foi directora de La Gaceta de París. Algunhas das súas poesías foron musicadas polo seu irmán.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Un libro para las pollas (novela, 1876; Madrid: Imprenta de Aribau y Cía.)
  • Horizontes poéticos (poesía, 1881)
  • Amor divino (1882)
  • Fulvia, o los primeros cristianos (novela curta, 1889)
  • Una velada poética en el Ateneo de Zaragoza (1890)
  • Romancero aragonés (poesía, 1894; Zaragoza: Tipografía del Hospicio)
  • Cuentos vascongados (contos, 1896; Barcelona: A. López Robert)
  • Poesías religiosas (poesía, 1900; Madrid: Imprenta de San Francisco de Sales)
  • Pensamienos místicos (poesía, 1910; Barcelona: Lluis Gili)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ellas, las mujeres en la historia de Pamplona (1998). Concejalía de la Mujer = Emakumearen Zinegotzigoa, ISBN 84-89590-40-0.
  • Criado y Domínguez, Juan P (1889). Literatas españolas del siglo XIX. Apuntes bibliográficos. Madrid; Imprenta de Antonio Pérez Dubrull.
  • Simón Palmer, Carmen (1991). Escritoras españolas del siglo XIX. Manual biobibliográfico. Madrid; Castalia.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]