Margalit Finkelberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Margalit Finkelberg
Professor Margalit Finkelberg.jpg
Nome completoМаргарита Георгиевна Карпюк
Nacemento1947
 Minsk
NacionalidadeUnión Soviética e Israel
Alma máterUniversidade Estatal de Moscova e Universidade Hebrea de Xerusalén
Ocupaciónhistoriadora, teórica literaria e lingüista
PremiosRothschild prize
editar datos en Wikidata ]

Margalit Finkelberg, nada en Minsk en 1947, é unha filóloga israelí especializada na cultura clásica.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Finkelberg naceu en Minsk cando formaba parte da Unión Soviética. Estudou na Universidade de Moscova (1964-1969), e en 1975 realizou a aliyá co seu esposo Aryeh, tamén filólogo clásico.[2] Continuou os seus estudos na Universidade Hebrea de Xerusalén.[3]

Os seus campos de estudo inclúen a literatura da antiga Grecia, con particular énfase en Homero e a tradición épica grega, lingüística, prehistoria do Exeo, teoría da literatura, mitoloxía e relixión.

Estudou a prehistoria dos dialectos gregos, destacando o seu estudo do lineal A. Finkelberg puido demostrar que estaba relacionado co grupo anatólico das linguas indoeuropeas.

Na súa obra Greeks and Pre-Greeks: Aegean Prehistory and Greek Heroic Tradition (2005) centrouse no período de formación da cultural grega na idade de bronce. Combinando os seus coñecementos de diversas disciplinas, como análise literaria, lingüística, arqueoloxía e historia, estableceu a teoría xeralmente aceptada de que os antigos gregos non foron inicialmente un grupo unificado, senón unha amálgama de poboacións diversas.

É editora de The Homer Encyclopedia, unha obra de tres volumes sobre Homero que obtivo en 2011 o premio Outstanding Reference Sources da Reference and User Sources Association dos Estados Unidos.

Como tradutora destaca a súa versión da obra Ἱστορία Ἰουδαϊκού πολέμου πρὸς Ῥωμαίους ("a Guerra Xudaica contra os Romanos") de Flavio Josefo, ao ruso (1991), así como as súas traducións de Platón ao hebreo.

É membro da Academia Israelí de Ciencias e Humanidades desde 2005.[4] En 2012 recibiu o premio Rothschild de Humanidades.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Margalit Finkelberg" (en inglés). p. Yad Hanadiv. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2017. Consultado o 2017-12-16. 
  2. "Aryeh Finkelberg". 
  3. "Prof. Margalit Finkelberg". Tel Aviv University (en inglés). Consultado o 2017-12-16. 
  4. "Prof. Margalit Finkelberg". 
  5. "Rothschild Prize".