María del Pilar Maspons i Labrós
María del Pilar Maspons i Labrós | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Maria del Pilar Maspons i Labrós |
Alcume | Maria de Bell-Iloc |
Nacemento | 4 de decembro de 1841 |
Lugar de nacemento | Barcelona |
Falecemento | 31 de xaneiro de 1907 |
Lugar de falecemento | Barcelona |
Nacionalidade | España |
Ocupación | poeta, novelista, escritora, folclorista e etnólogo |
Irmáns | Francesc de Sales Maspons i Labrós e Marià Maspons i Labrós |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María del Pilar Maspons i Labrós, nada en Barcelona o 4 de decembro de 1841 e finada o 31 de xaneiro de 1907,[1] foi unha escritora da Renaixença catalá, que usou o pseudónimo de María de Bell-Iloc.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Irmá de Francesc de Sales Maspons i Labrós e cuñada de Francesc Pelagi Briz, colaborou en prosa e verso en publicacións como Lo Gai Saber, La Renaixença, La Veu del Montserrat, Calendari Català ou La Llumanera de Nova York[2].
A súa obra está marcada polas tendencias da Renaixença, por un Romanticismo de carácter medieval, patriótico e tradicionalista. Deuse a coñecer como poeta, e foi unha das primeiras mulleres folcloristas, facendo traballo de campo para recompilar e transcribir lendas e narracións etnográficas que despois recreou e editou. É a autora da primeira novela da literatura catalá contemporánea, Vigatans i botiflers, publicada por fascículos entre 1878-1879 e ambientada durante a Guerra de Sucesión Española.
Obra[editar | editar a fonte]
- Salabrugas, poesías catalanas (1874)
- Narracions y llegendas (1875)
- Vigatans y botiflers, novela histórica (1878)
- Llegendas catalanas (1881)
- Costums i tradicions del Vallès (1882)[3]
- Elisabeth de Mur (1924)
Premios[editar | editar a fonte]
- Primeiro accésit ao xasmín de prata en Lleida en 1869
- Premio dos Xogos Florais de Barcelona en 1875 por Narracions i llegendes.
- Premio dos Xogos Florais de Barcelona en 1880 por Montseny
- Premio dos Xogos Florais de Granollers en 1882 por Costums i tradicions del Vallès.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Carrer de Maria de Bell-lloc
- ↑ "Maria del Pilar Maspons Labrós". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2018.
- ↑ Bigues i Riells: Fundació Privada de Bigues i Riells, ed. (2007). Les llegendes en el paisatge de Maria de Bell-lloc. p. 93.