Saltar ao contido

Victoria Ocampo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVictoria Ocampo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ramona Victoria Epifanía Rufina Ocampo Aguirre Editar o valor en Wikidata
7 de abril de 1890 Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xaneiro de 1979 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de larinxe Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio da Recoleta Editar o valor en Wikidata
EducaciónCollège de France
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, figura pública, ensaísta, Intelectual, crítica, tradutora, editora, mecenas Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1924 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorSur (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Compañeiro profesionalSilvina Ocampo: Q108763359 Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiManuel S. Ocampo Editar o valor en Wikidata
IrmánsSilvina Ocampo Editar o valor en Wikidata
ParentesAldofo Bioy Casares, esposo da irmá Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMetromod
Latin American Women Writers: an Encyclopedia
Third World Women's Literatures Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 158848 BNE: XX1150990 Dialnet: 266168 WikiTree: Ocampo-88 Find a Grave: 6937716 Editar o valor en Wikidata

Ramona Victoria Epifanía Rufina Ocampo, nada en Buenos Aires o 7 de abril de 1890 e finada en Beccar[1] o 27 de xaneiro de 1979, foi unha escritora,[2] intelectual, tradutora, editora e mecenas arxentina.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A familia Ocampo descende dun paxe galego de Isabel a Católica, un dos primeiros habitantes da illa de Santo Domingo.[3] Nada nunha familia aristocrática,[4] foi educada con institutrices e a súa primeira lingua foi o francés. En 1924 publicou a súa primeira obra, De Francesca a Beatrice, editada pola Revista de Occidente coa axuda de José Ortega y Gasset. Participou desde a súa mocidade nas primeiras manifestacións dos movementos feministas, intelectuais e antifascistas arxentinos, e en 1936 fundou a Unión Argentina de Mujeres.[5]

As súas viaxes por todo o mundo permitíronlle entrar en contacto cos principais expoñentes da literatura e o ámbito intelectual. Alentada por Waldo Frank e Eduardo Mallea, fundou en 1931 a revista e editorial Sur.[6] En 1941 instalouse definitivamente na súa residencia de Vila Ocampo —actualmente pertencente á UNESCO—, que se converteu en lugar de recepción de figuras estranxeiras como Rabindranath Tagore, Albert Camus, Graham Greene, Igor Stravinskii, Saint-John Perse, Pierre Drieu La Rochelle, Roger Caillois, Ernest Ansermet ou Indira Gāndhi.[7]

Única latinoamericana presente nunha das sesións dos xuízos de Núremberg, militou activamente na oposición ao peronismo, motivo polo cal foi arrestada durante 26 días en 1953.[8] Foi presidenta do Fondo Nacional de las Artes desde 1958 a 1973 e recibiu diversas distincións, entre elas o doutoramento honoris causa por varias universidades e a Orde do Imperio Británico. En 1977 foi a primeira muller elixida membro da Academia Argentina de Letras.[7]

  • Testimonios (10 series, 1935-1977)
  • Autobiografía (6 volumes, 1979-1984)
  • De Francesca a Beatrice (1924; con prólogo de Ortega y Gasset)
  • La laguna de los nenúfares (1926)
  • Domingos en Hyde Park (1936)
  • San Isidro (1941; cun poema de Silvina Ocampo e 68 fotografías de Gustav Thorlichen)
  • Le Vert Paradis (1947)
  • Lawrence d´Arabia (1947; publicado en francés e inglés)
  • El viajero y una de sus sombras (1951)
  • Lawrence de Arabia y otros ensayos (1951)
  • Virginia Woolf en su diario (1954)
  • Habla el algarrobo (1959)
  • Tagore en las barrancas de San Isidro (1961)
  • Juan Sebastián Bach, El hombre (1964)
  • La bella y sus enamorados (1964)
  • Diálogo con Borges (1969)
  • Diálogo con Mallea (1969)
  1. ↑ Álvarez Plá, Bárbara. «Vuelta al pasado en Villa Ocampo[Ligazón morta]» diario Clarín, 1 de novembro de 2013 (en castelán)
  2. ↑ Enciclopedia Universal Clarín del Estudiante, p. 850
  3. ↑ Vázquez (1991), p. 15
  4. ↑ "Hace 30 años fallecía Victoria Ocampo". diario La Nación. 27 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 24 de marzo de 2011.
  5. ↑ Vázquez (1991), p. 146
  6. ↑ Muñoz Pace, pp. 12-3
  7. 1 2 Amato, Alberto (1979). "Victoria Ocampo (1890-1979)". Gente (706).
  8. ↑ Vázquez (1991), p. 185

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]