Omar Hasan Ahmad al-Bashir
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de xaneiro de 1944 Hosh Bannaga |
| Prime Minister of Sudan (en) | |
| 30 de outubro de 1993 – 19 de agosto de 2002 | |
| 7º President of Sudan (en) | |
| 30 de xuño de 1989 – 11 de abril de 2019 ← Ahmed al-Mirghani (pt) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Sunnismo |
| Educación | المقاومة الشعبية السودانية (en) Academia Militar Exipcia |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Período de actividade | 1960 |
| Partido político | Congresso Nacional (pt) |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Airborne forces (en) |
| Rango militar | coronel |
| Comandante de (OBSOLETO) | Forças Armadas do Sudão (pt) |
| Participou no conflito | Guerra do Yom Kippur Segunda Guerra Civil Sudanesa (pt) Conflito de Darfur Primeira Guerra do Congo Crise de Heglig (pt) |
| Outro | |
| Condenado por | Lavado de cartos (2019) → (2 pena de prisión) |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Lentapedia Lentapedia Dictionary of African Biography, |
| Sitio web | albashir.sd |
Omar Hasan Ahmad al-Bashir (en árabe: عمر حسن أحمد البشير), nado o 1 de xaneiro de 1944, é o Presidente do Sudán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado na pequena vila de Hosh Bonnaga, al-Bashir entrou no exército sudanés moi novo e estudou nunha academia militar do Cairo. Serviu no exército exipcio durante a guerra con Israel de 1973. Á súa volta ao Sudán, al-Bashir estivo ao mando das operacións militares contra do Exército Popular de Liberación do Sudán na metade sur do país. Acadou o xeneralato nos anos oitenta, e estivo á fronte do golpe militar de 1989 contra o presidente Sadeq al-Mahdi. Al-Bashir suprimiu todos os partidos políticos, censurou a prensa e disolveu o Parlamento, converténdose en Director do Consello Revolucionario para a Salvación Nacional, asumindo o posto de xefe de estado, primeiro ministro, xefe das forzas armadas e ministro de defensa.