Sudán Anglo-Exipcio
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sudán (homónimos).
| Himno | God Save the King | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Capital | Khartún | ||||
| Poboación | |||||
| Lingua oficial | lingua árabe | ||||
| Relixión | islam, animismo e cristianismo | ||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1899 | ||||
| Disolución | 1 de xaneiro de 1956 | ||||
| Organización política | |||||
| Forma de goberno | colonia condominio | ||||
| Moeda | Libra exipcia | ||||
O Sudán Anglo-Exipcio, refírese á maneira na que o Sudán foi administrado entre os anos 1899 e 1956, cando era cogobernado polo Reino de Exipto e o Reino Unido.
O norte do Sudán sempre tivo lazos lingüísticos, culturais, relixiosos e económicos con Exipto e tiña pertencido parcialmente ao mesmo en periódos intermitentes dende os tempos dos faraóns. Tendo en conta isto, no ano 1820, o wali Muhammad Ali Pasha segue unha política de expansión do reino exipcio moi agresiva invadindo o norte do Sudán. Esta campaña de expansión que buscaba a Unidade do val do Nilo, durará xeracións, sendo o neto de wali Ismail Pasha quen conquistaría a maior parte do resto do actual Sudán.
