Bir Tawil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bir Tawil
Egypt-CIA WFB Map.png
Capital
 Poboación

 • Total2.060 km²
 • % auga0
 • Total0 hab.
 • Densidade0 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
IDHn/d
 • Horario de veránNon aplica
Prefixo telefónicon/d
Prefixo radiofónicon/d
Código ISOn/d
Mapa simplificado que amosa a reclamación de Exipto (amarelo e verde), a do Sudán (azul e verde) e Bir Tawil (branco)

Bir Tawil ou Bi'r Tawīl (árabe exipcio بير طويل, Bīr Ṭawīl ou بئر طويل Bi'r Ṭawīl , que significa "pozo alto]]") é unha superficie de 2060 km² ao longo da fronteira entre Exipto e Sudán, que está deshabitada e non é reclamada por ningún dos dous países. Cando se fala en asociación co veciño Triángulo de Hala'ib, ás veces denomínaselle Triángulo Bir Tawil, a pesar da forma de cuadrilátero da superficie, os dous "triángulos" bordean nun cuatrifinio.

En 2014, a autora Alastair Bonnett describiu a Bir Tawil como o único lugar habitable da Terra, que non foi reclamado por ningún goberno recoñecido.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Bir Tawil é un exemplo dun territorio terra nullius.[2] Situado entre Exipto e Sudán, é un territorio de 2.060 km² resultado dunha discrepancia entre as fronteiras desñadas en 1899 e en 1902. Unha fronteira colocou a Bir Tawil baixo o control do Sudán e o Triángulo de Hala'ib baixo o control exipcio, entanto que a outra fronteira o fixo ao revés. Ambos os países reclaman a fronteira que otorgáballes o Hala'ib, o cal é significativamente máis grande e lindante ao Mar Vermello, co efecto de que Bir Tawil non é reclamado por ningunha das dúas nacións. A zona, que carece de poboación autóctona, está baixo o control de facto de Exipto, aínda que non se amosa nos mapas oficiais deste país.[3] Bir Tawil non ten unha poboación establecida, pero a terra é utilizada polos beduinos que percorren a zona.[4]

Reino de Sudán do Norte[editar | editar a fonte]

En xuño 2014, o ciudadano estadounidense Jeremiah Heaton reclamou que Bir Tawil se considere como un novo Estado soberano, o Reino do Sudán do Norte.[5][6][7][8] Realizou unha expedición co fin de facer dita reclamación de soberanía oficial acorde co ditado polo dereito internacional. É así como o 16 de xuño de 2014, Jeremiah Heaton plantou a bandeira nacional do reino nese territorio para reclamar a rexión como novo estado soberano, o Reino de Sudán do Norte, establecendo unha monarquía coa súa persoa como xefe de Estado e mesmo anunciou o establecemento de "embaixadas" en diversos lugares do mundo, aínda que ningún Goberno nin o Estado recoñeceu este estado.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Bir Tawil ten unha superficie de 2060 km². A lonxitude das súas fronteiras norte e sur son 95 km e 46 km respectivamente; a lonxitude das súas fronteiras leste e oeste son 26 km e 49 km respectivamente.

No norte da zona atópase a montaña Jabal Tawil ( جبل طويل}), situada en 21°57′56″N 33°48′05″L / 21.96556, -33.80139 (Jabal Tawil), cunha altura de 459 m. No leste está Jebel Hagar ez Zarqa, cunha altura de 662 m.

No sur está o Wadi Tawil ( وادي طويل), tamén chamado "Khawr Abū Bard", situado en 21°49′25″N 33°43′42″L / 21.82361, -33.72833 (Wadi Tawil).

Hai algúns arroios en Bir Tawil, que se orixinan no Lago Nasser

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bonnett, Alastair (2014). "Bir Tawil". Unruly Places: Lost Spaces, Secret Cities and Other Inscrutable Geographies. Houghton Mifflin Harcourt. p. 73. ISBN 978-0-544-10160-9. LCCN 2013050983. OCLC 890509603. the only place on the planet that is both habitable and unclaimed. 
  2. There is some disagreement of whether Bir Tawil is 'terra nullius or not. See f.e Chris Borgen, The Man Who Would Be King, Daddy’s Little Princess, and their Territorial Claim
  3. Central Intelligence Agency. CIA World Factbook 2009 MobileReference, 2009. ISBN 1607783339
  4. "Man lays claim to African land to make daughter real life ‘princess’". kdvr.com. 17 de xullo de 2014. Consultado o 30 de marzo de 2018. 
  5. Gibson, Allie Robinson (10 de xullo de 2014). "Abingdon man claims African land to make good on promise to daughter". Bristol Herald Courier (Bristol, Virginia: Berkshire Hathaway). Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 2015-04-23. 
  6. Najarro, Ileana (12 de xullo de 2014). "Va. man plants flag, claims African country, calling it ‘Kingdom of North Sudan’". Washington Post (Washington, DC). Consultado o 2015-04-23. 
  7. Ensor, Josie (14 de xullo de 2014). "US father takes unclaimed African kingdom so his daughter can be a princess". The Daily Telegraph (London). Consultado o 27 de xullo de 2014. 
  8. "Mapping micronations". Al Jazeera. 14 de agosto de 2014. Consultado o 2015-04-23. Passports, currencies and flags: We discuss what it takes to create your own country. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]