Menfis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Menfis e a súa necrópole - Zonas das pirámides desde Gizeh ata Dahshur
Memphis - Museum - back courtyard.JPG
Museo ao aire libre de Menfis
Memphis en Exipto
Memphis
Memphis
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Exipto Exipto
Localización 29°58′33″N 31°7′51″L / 29.97583, -31.13083Coordenadas: 29°58′33″N 31°7′51″L / 29.97583, -31.13083
Tipo Cultural
Criterios I, III e (vi)
Inscrición 1979
Rexión da UNESCO Mundo árabe
Identificador 86
Xeróglifos no Museo de Menfis e unha estatua de Ramses II no fondo

Menfis, segundo algunhas fontes[quen?], foi a capital dos Reinos Antigo e Medio, importante centro urbano do Antigo Exipto.

Cidade do antigo Exipto, preto da actual O Cairo. Foi fundada por Menés co nome de Muro Branco. A cidade foi a capital do reino de Exipto durante todo o Imperio Antigo. Menfis permaneceu como a maior cidade autenticamente exipcia durante as dominacións estranxeiras. A fundación de Alexandría e a de Fustat (a vella Cairo) despois da invasión dos árabes marcaron a súa decadencia.

Á cabeza das súas marabillas arquitectónicas e culturais figuran o Coloso de Ramsés II, con 13 metros de longo e un peso de 120 toneladas, e a Esfinxe en alabastro, datada da XIX Dinastía.