Conversa:Sudán

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

erro no título: falat o artigo en árabe (véxase tamén wiki en árabe) السودان Neal

Sudán do Norte e do Sur[editar a fonte]

Estase a celebrar un referendo pola independencia de Sudán do Sur, de ser así habería que traballar nos novos artigos. Nese caso, este manteríamolo como "Estado desaparecido"? --Adorian (fálame) 14:37, 9 de xaneiro de 2011 (UTC)

Primeiro hai que saber se vota a favor da independencia, case seguro que si pero aínda así habería que agardar q que efectivamente obtivese a independencia, e logo saber se o estado que queda no norte vai ser o continuador legal e co mesmo nome deste. Neste último caso non sería estado desaparecido, xa que o que habería sería unha escisión, algo semellante ao do caso de Pakistán, cando obtivo a independencia a actual Bangla Desh pero Pakistán non se considera un estado desaparecido, aínda que no apartado historia debería consignarse os cambios territoriais producidos. Pero iso non quita para que se traballe nos novos artigos, aínda non temos o do Sudán do Sur que como entidade autónoma xa existe.--Cheluco 14:51, 9 de xaneiro de 2011 (UTC)
Convén non precipitarse, o nome do estado aínda non está decidido e poida que non sexa Sudán do Sur. Máis info en Rebelión. --Paradanta (Cóntame) 15:23, 9 de xaneiro de 2011 (UTC)
Pero o artigo si que se pode facer, Sudán do Sur xa existe como entidade ou rexión autónoma en:Southern Sudan, na Galipedia aínda non hai o artigo e viría ben telo, que despois muda de nome con mover o artigo non hai problema--Cheluco 15:31, 9 de xaneiro de 2011 (UTC)