Lucien Bianchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luciano "Lucien" Bianchi
BianciLucien 19680802.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Bélxica Bélxica
Anos en activo 7 (19591963, 1965, 1968)
Escudería(s) ENB, UDT Laystall, Reg Parnell, Scuderia Centro Sud, Cooper
Grandes Premios disputados 19 (17 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 1
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Mónaco de 1959
Derradeiro GP Gran Premio de México de 1968


Luciano Bianchi nado o 10 de novembro de 1934 e finado o 30 de marzo de 1969, bautizado como "Luciano Bianchi", foi un piloto italo-belga, que competíu para os equipos Cooper, ENB, UDT Laystall e Scuderia Centro Sud, na Fórmula Un. participou nun total de 19 carreiras do Campionato do Mundo de Fórmula Un, anotando seis puntos e o seu mellor resultado foi o terceiro posto no Gran Premio de Mónaco de 1968.

Morreu nun choque preparando as 24 Horas de Le Mans de 1969.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Bianchi naceu en Milán, Italia, pero trasladouse a Bélxica en 1946 cando aínda era un neno, co seu pai que traballaba como mecánico de carreiras, antes da Segunda Guerra Mundial, no departamento de competición de Alfa Romeo.[1] O seu sobriño neto, Jules Bianchi, que fixo o seu debut na Fórmula 1 co equipo Marussia na tempada 2013 competindo baixo a bandeira francesa, tamén morreu como resultado de lesións sufridas nun accidente de carreira.

Andaina nas carreiras[editar | editar a fonte]

A primeira carreira de Lucien Bianchi foi o Alpine Rally en 1951. Gañou o Tour de France de 1957, 1958 e 1959, así como a carreira de coches deportivos París 1000 os seus últimos dous anos.

Comezou na Fórmula Un en 1959, aínda que só con aparicións esporádicas ao principio. Pilotou varios coches baixo a bandeira do equipo ENB, incluíndo un Cooper T51, un Lotus 18 e un Emeryson. Logo dun par de carreiras para o equipo UDT Laystall en 1961, pilotando outro Lotus, volveu a ENB para quen pilotou o seu ENB-Maserati. Finalmente conseguiu un paso máis regular na Fórmula Un en 1968, co equipo de Cooper-BRM, aínda que o éxito foi esquivo malia un comezo brillante. Bianchi logrou o seu mellor rendemento na Fórmula 1, terminando terceiro no Gran Premio de Mónaco de 1968, na súa primeira carreira con Cooper.[2]

Bianchi tamén competiu en carreiras de coches de turismo, automóbiles deportivos e coches de rally, tendo exitoso en todas as disciplinas, as súa vitoria máis grande foi nas 24 Horas de Le Mans de 1968, ao volante dun Ford GT40 con Pedro Rodríguez e en Sebring en 1962 con Jo Bonnier. Tamén lideraba o London-Sydney Marathon cando oseu Citroën DS chocou cun coche que non competía.

Morreu cando o seu Alfa Romeo T33 trompeou e bateu contra un poste de telégrafo durante unhas probas no Circuíto de Le Mans en 1969.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Pos. Pts.
1959 Equipe National Belge Cooper T51 (F2) Climax V8 MON
NSC
500 NED FRA GBR ALE POR ITA USA NC 0
1960 Equipe National Belge Cooper T51 Climax 4 en liña ARX MON 500 NED BEL
6
24º 1
Fred Tuck Cars Cooper T51 Climax 4 en liña FRA
Ret
GBR
Ret
POR ITA USA
1961 Equipe National Belge Emeryson 1001 Maserati 4 en liña MON
NSC
NED NC 0
Lotus 18 Climax 4 en liña BEL
Ret
UDT Laystall Racing Team Lotus 18/21 Climax 4 en liña FRA
Ret
GBR
Ret
ALE ITA USA
1962 Equipe National Belge Lotus 18/21 Climax 4 en liña NED MON BEL
9
FRA GBR NC 0
ENB Maserati 4 en liña ALE
16
ITA USA RSA
1963 Reg Parnell Racing Lola Mk4 Climax V8 MON BEL
Ret
NED FRA GBR ALE ITA USA MEX RSA NC 0
1965 Scuderia Centro Sud BRM P57 BRM V8 RSA MON BEL
12
FRA GBR NED ALE ITA USA MEX NC 0
1968 Cooper Car Co. Cooper T86B BRM V12 RSA ESP MON
3
BEL
6
NED
Ret
FRA GBR ALE
Ret
ITA CAN
NC
USA
NC
MEX
Ret
17º 5

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lucien Bianchi brief obituary". Autocar. 130 (nbr 3816): 25. 3 de abril de 1969. 
  2. "Lucien Bianchi 1968 Results". Formula. Formula One Administration Ltd. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2010. Consultado o 2010-09-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]