Patrimonio da Humanidade na Arxentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios da Arxentina na lista do Patrimonio Mundial.Os puntos laranxas representan sitios culturais, os verdes son naturais e os azuis os sitios Qhapaq Ñan.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade na Arxentina, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. A Arxentina aceptou a convención o 23 de agosto de 1978, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

Hai once sitios Patrimonio da Humanidade na Arxentina, e outros dez na lista tentativa.[4] O primeiro sitio na lista foi o Parque Nacional Los Glaciares, na quinta sesión do Comité do Patrimonio Mundial, celebrada en Sydney, Australia, en outubro de 1981.[5] O sitio máis recente enumerado foi o Parque Nacional Los Alerces, en 2017. Cinco sitios na Arxentina están catalogados polos seus bens naturais e seis por bens culturais. Compártense tres sitios con outros países: as misións xesuítas compártense co Brasil, os sitios do sistema viario incaico compártense con cinco países e obras de Le Corbusier con seis países.[4]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]

Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: da Arxentina
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.[6]

     * Lugar transnacional

Nome Imaxe Localización (provincia) Ano da inclusión Datos da UNESCO Descrición
01 Parque Nacional Los Glaciares Glaciar Perito Moreno entrando no lago Santa Cruz 1981 145; VII, VIII (natural) As formas do relevo do parque nacional demostran como o continuo avance e retroceso da glaciación no Cuaternario está a dar forma á paisaxe. O campo de xeo máis grande de América do Sur contén numerosos glaciares grandes que se alimentan nos lagos glaciares. O glaciar máis coñecido é o Perito Moreno (na imaxe) que desprende icebergs no lago Argentino.[7]
02 Misións xesuíticas guaranís: San Ignacio Miní, Santa Ana, Nuestra Señora de Loreto e Santa María la Mayor (Arxentina), Ruínas de São Miguel das Missões (Brasil)* Ruínas de San Ignacio Miní Misiones 1984 275; IV (cultural) Nos séculos XVII e XVIII, os xesuítas construíron varias misións ao pobo guaraní. Os restos de cinco misións están catalogados como Patrimonio da Humanidade. A misión no Brasil foi listada só en 1983 e as catro na Arxentina engadíronse en 1984. As misións teñen diferentes trazados e están en diferentes estados de conservación, normalmente inclúen restos de igrexas e conventos, plantacións e fundacións de vivendas indíxenas. Na imaxe amósase a de San Ignacio Miní.[8]
03 Parque nacional Iguazú Iguazu Falls Misiones 1984 303; VII, X (natural) O parque nacional céntrase arredor das espectaculares Cataratas do Iguazú (na imaxe), creadas polo río Iguazú que cae sobre as fervenzas de basalto que marcan a fronteira entre a Arxentina e o Brasil. A área circundante comprende a Laurisilva paranesa, unha parte da mata atlántica. O bosque é rico en biodiversidade, con máis de 2.000 especies de plantas vasculares e animais grandes como antas, oso formigueiro xigante, mono ouveador, ocelote, xaguar e caimáns. No sitio brasileiro, o Parque Nacional do Iguazú catalogouse como Patrimonio da Humanidade en 1986.[9]
04 Cueva de las Manos, Río Pinturas Cueva de las Manos Santa Cruz 1999 Cultural
(III)
A Cueva de las Manos, Río Pinturas, contén un conxunto excepcional de arte rupestre, executada hai entre 13.000 e 9.500 anos. Toma o seu nome (Cova das Mans) dos contornos pintados das mans humanas na cova, pero tamén hai moitas representacións de animais, como guanacos (Lama guanicoe), que aínda se atopan habitualmente na comarca, así como escenas de caza. Os responsables das pinturas puideron ser os devanceiros das comunidades históricas de cazadores-recolectores da Patagonia atopadas polos colonos europeos no século XIX".[10]
05 Península Valdés Lobo mariño suramericano Chubut 1999 Natural
(X)
"A Península Valdés na Patagonia é un sitio de importancia mundial para a conservación dos mamíferos mariños. Alberga unha importante poboación reprodutora da balea franca austral en perigo de extinción, así como importantes poboacións reprodutoras de elefantes mariños e lobos mariños. As candorcas desta zona desenvolveron unha estratexia de caza única para adaptarse ás condicións costeiras locais".[11]
06 Ischigualasto / Parque nacional Talampaya Ischigualasto San Juan
La Rioja
2000 Natural
(VIII)
"Estes dous parques contiguos, que se estenden por 2753 km² na rexión desértica na fronteira occidental das Serras Pampeanas do centro da Arxentina, conteñen o rexistro fósil continental máis completo coñecido do Período Triásico (hai 245–208 millóns de anos). Seis formacións xeolóxicas dos parques conteñen fósiles dunha ampla gama de devanceiros de mamíferos, dinosauros e plantas que revelan a evolución dos vertebrados e a natureza do paleoambientes no período Triásico".[12]
07 Manzana e Estancias xesuíticas de Córdoba Estancia Alta Gracia Córdoba 2000 "O bloque xesuíta de Córdoba, corazón da antiga provincia xesuíta de Paraguai, contén os edificios fundamentais do sistema xesuíta: a universidade, a igrexa e residencia da Compañía de Xesús e o colexio. Xunto ás cinco estancias, ou leiras agrícolas, conteñen edificios relixiosos e seculares, que ilustran o singular experimento relixioso, social e económico realizado no mundo durante un período de máis de 150 anos nos séculos XVII e XVIII".[13]
08 Quebrada de Humahuaca Cerro de los Siete Colores Jujuy 2003 Cultural
(II) (IV) (V)
"A Quebrada de Humahuaca segue a liña dunha importante ruta cultural, o Camiño Inca, ao longo do espectacular val do Río Grande, desde o seu nacemento na fría meseta desértica das terras altoandinas ata a súa confluencia co río Leone uns 150 km ao sur. O val amosa evidencias substanciais do seu uso como importante ruta comercial nos últimos 10.000 anos. Presenta vestixios visibles de comunidades prehistóricas de cazadores-recolectores, do Imperio Inca (séculos XV ao XVI) e da loita pola independencia nos séculos XIX e XX.".[14]
09 Qhapaq Ñan, sistema vial andino* Camiños do Inca Varios sitios 2014 Cultural
(II) (III) (IV) (VI)
"Este sitio é unha extensa rede inca de estradas para a comunicación, comercio e defensa, que abarca 30.000 km. Construída polos incas ao longo de varios séculos e baseada en parte en infraestruturas pre-incas, esta extraordinaria rede a través dun dos terreos xeográficos máis extremos do mundo unía os cumios nevados dos Andes, a unha altitude de máis de 6000 m: ata a costa, atravesando selvas tropicais quentes, vales fértiles e desertos absolutos. Alcanzou a súa máxima expansión no século XV, cando se estendeu por todo o cordal dos Andes. O sistema viario andino de Qhapac Ñan inclúe 273 sitios de compoñentes repartidos en máis de 6000 km que foron seleccionados para destacar os logros sociais, políticos, arquitectónicos e de enxeñería da rede, xunto coas súas infraestruturas asociadas para o comercio, aloxamento e almacenamento, así como lugares de importancia relixiosa".[15]
10 Obra arquitectónica de Le Corbusier* Casa Curutchet, un edificio modernista de varios pisos Buenos Aires 2016 1321rev; I, II, VI (cultural) Este sitio transnacional (compartido con Bélxica, Francia, Alemaña, Suíza, a India e o Xapón) abarca 17 obras do arquitecto franco-suízo Le Corbusier. Le Corbusier foi un importante representante do Movemento modernista, que introduciu novas técnicas arquitectónicas para satisfacer as necesidades da sociedade cambiante. A Casa Curutchet (na imaxe) está listada na Arxentina.[16]
11 Parque Nacional Los Alerces Lago Futalaufquen Chubut 2017 Natural
(VII) (X)
"O Parque Nacional Los Alerces está situado nos Andes do norte da Patagonia e ten un límite occidental, que coincide coa fronteira con Chile. As sucesivas glaciacións moldearon a paisaxe da rexión creando características espectaculares como morenas, circos glaciares e lagos de augas claras. A vexetación está dominada por densos bosques temperados, que dan paso a prados alpinos máis arriba baixo os cumes rochosos andinos. A propiedade é vital para a protección dalgunhas das últimas porcións do Bosque Patagónico continuo nun estado case prístino e é o hábitat de varias especies de flora e fauna endémicas e ameazadas".[17]

Lista provisional[editar | editar a fonte]

Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial se o sitio figuraba previamente na lista provisional.[18] A Arxentina ten dez sitios na súa lista provisional.[4]

Lista de sitios propostos
Nome Imaxe Localización (provincia) Ano de inclusión Datos da UNESCO Descrición
Val Calchaquí Vista da Quebrada de Cafayate
26°27′S 65°59′O / -26.45, -65.98
15/11/2001 Cultural
(II) (III) (IV) (V) (VI)
"O Val Calchaquí forma unha estreita franxa norte-sur de 250 km. ao longo do río Calchaquí, entre as unidades estruturais de La Puna e a Cordilleira Oriental. Un feixe de vales e desfiladeiros secundarios, tanto lonxitudinais como transversais, conforman o sistema tributario do río Calchaquí. O desfiladeiro das Conchas é, á súa vez, un profundo val fluvial de 75 km. de lonxitude, que se estende desde a cidade de Alemania ata a confluencia dos ríos Calchaquí e Santa María.".

[19]

Parque nacional Sierra de las Quijadas Vista das serras deserticas San Luis

32°33′S 67°07′O / -32.55, -67.12
24/02/2005 Natural
(VII) (VIII) (IX)
"O Parque Nacional Sierra de las Quijadas constitúe sen dúbida un "santuario" da flora e fauna da provincia de San Luis e da zona centro-oeste da Arxentina, xa que o seu medio constitúe unha franxa de transición ou "ecotono" entre as provincias bioxeográficas do Chaco e do Monte. Os afloramentos sedimentarios da Sierra de las Quijadas forman parte dunha cadea de unidades xeolóxicas cuxo estudo pormenorizado permitiu complementar parte da información xeohistórica e paleobiolóxica do Mesozoico superior na Arxentina, que se estende ao longo de 120 millóns de anos (todo o período Xurásico e Cretáceo)".

[20]

La Payunia, Campos Volcánicos Llancanelo e Payún Matrú Vista do volcán Payunia Mendoza

36°00′S 69°11′O / -36, -69.19
18/04/2011 Natural
(VII) (VIII)
"O lugar proposto inclúe dúas áreas protexidas: as Reservas Provinciais Lago Llancanelo e Payunia. O primeiro ten 90 000 ha (900 km2; 220 000 acres) de reserva protexida, dos que 65 000 ha (650 km2; 160 000 acres), foron declaradas sitio Ramsar en 1996. É unha das poucas áreas do país cun plan de xestión participativa, desenvolvido conxuntamente cos veciños, e é único no mundo con límites volumétricos. A Reserva de Payunia abarca 192 000 ha (1 920 km2; 470 000 acres) e é reserva desde 1982, no futuro ampliarase a 450 000 ha (4 500 km2; 1 100 000 acres) usando terreos públicos dispoñibles e outros terreos privados con réxime de propietarios. Nesta parte o territorio volcánico alcanza o seu pico centrándose na súa maior variedade de relieves volcánicos e creando unha paisaxe abraiante".

[21]

Reserva Provincial Pehuén Co–Monte Hermoso, Xeolóxica, Paleontolóxica e Arqueolóxica Vista de Monte Hermoso preto Punta Alta Buenos Aires

38°59′53″S 61°28′48″O / -38.998, -61.480
17/01/2014 Mixto
(III) (V) (VI) (VIII) (IX)
"Neste lugar, consérvase, nun tramo labrado pola incursión mariña do Holoceno, un rexistro xeolóxico, paleontolóxico e arqueolóxico de características excepcionais. Nunha extensión duns 25 km (16 mi), diferentes formacións sedimentarias, cuxa idade diminúe de Oeste a Leste, ofrécennos información detallada sobre a historia da vida e os cambios da paisaxe durante os últimos 5 millóns. anos. [...] Por iso, ao longo dalgúns quilómetros de praias, que se iluminan coa saída e posta do sol do Atlántico durante o verán, as rochas evocan paisaxes moi diferentes formadas ao longo do tempo e foron habitadas por especies que antes e despois do Grande intercambio americano (GIA)".

[22]

Moisés Ville Escola de Moisés Ville Santa Fe

30°43′S 61°28′O / -30.71, -61.47
29/06/2015 Cultural
(II) (III) (VI)
"En 1889, Moisés Ville, situada na provincia de Santa Fe, Arxentina, foi o primeiro asentamento rural xudeu establecido no país. A primeira poboación foi un grupo de familias procedentes da rexión de Podolia, agora en Ucraína.

Durante a primeira metade do século XX, Moisés Ville converteuse na vila xudía máis importante da Arxentina e nun centro de cultura xudía recoñecido a nivel internacional; famosa polas súas sinagogas, teatro, escolas e academias hebreas, bibliotecas e xornais e revistas, tanto en yiddish como en español. A partir da década de 1950, moitos descendentes dos colonos orixinais comezaron a abandonar Moisés Ville, para buscar posibilidades de estudos superiores. Actualmente, a poboación xudía da vila supón un 10% do total, pero os testemuños da cultura xudía están presentes e vivos, tanto en compoñentes tanxibles como intanxibles". [23]

Museo da ESMA - Antigo Centro Clandestino de Detención, Tortura e Exterminio Museo da ESMA Buenos Aires

34°32′17″S 58°27′47″O / -34.538, -58.463
25/04/2017 Cultural
(III) (VI)
"O edificio actual do Museo da ESMA, cunha superficie de 5 390 m2 (58 000 sq ft) e situado no sitio de 16 ha (40 acres) onde antes a Escola de Mecánica da Mariña, inaugurouse en 1946 como comedor de Oficiais. Neste edificio estaban os dormitorios dos oficiais de maior rango da Armada Arxentina, un pavillón illado rodeado de xardíns composto por un edificio principal con tres bloques perpendiculares subordinados, con sotos e un amplo ático.

Entre 1976 e 1983, durante a última ditadura militar, as instalacións da ESMA foron parte fundamental do esquema represivo cuxo epicentro estaba neste edificio, onde se atopaba o Centro Clandestino de Detención, Tortura e Exterminio (CCDTyE). Aquí, a Mariña secuestrou, torturou e desapareceu a máis de 5.000 homes e mulleres. As graves violacións dos dereitos humanos, o plan sistemático de roubo de nenos nados en catividade e o exterminio dos presos que foron guindados vivos ao mar durante os chamados "voos da morte" fan deste edificio un símbolo do xenocidio acontecido no país. É unha proba incontrovertible do terrorismo de Estado que inflixiu unha violencia criminal extrema á sociedade en xeral". [24]

Tigre e os seus clubs de remo Club de Remo La Marina Buenos Aires

34°24′54″S 58°34′44″O / -34.415, -58.579
08/06/2017 Cultural
(II) (III)
"A zona urbana da cidade de Tigre a carón dos ríos Tigre, Luján e Reconquista constitúe un testemuño excepcional dun asentamento urbano caracterizado pola presenza de ríos e regatos e cunha vocación turística e deportiva. [...] A constitución de clubs de remo entre finais do século XIX e principios do XX por parte de comunidades estranxeiras que daquela chegaron á Arxentina fixo que Tigre reflectise o espírito cosmopolita do país daquela.

Os compoñentes arquitectónicos que testemuñan o desenvolvemento da cidade de Tigre como centro turístico e, especialmente, como lugar para a práctica do remo, engloban os propios clubs, chalés vacacionales construídos entre finais do século XIX e principios do XX, e tamén edificios relacionados cos servizos e instalacións turísticas. Como conxunto, este conxunto de edificios constitúe un testemuño excepcional do eclecticismo arquitectónico imperante na época, incluíndo expresións que abranguen desde o academicismo italiano ata o Movemento Moderno do século XX. Este eclecticismo nótase non só na arquitectura residencial senón tamén nos clubs de remo, onde, ademais dos estilos ingleses propios deste tipo de instalacións noutras rexións do mundo, hai expresións relacionadas coas tendencias modernas italianas, francesas, españolas que contribúen á excepcionalidade do conxunto arquitectónico e da paisaxe urbana resultante". [25]

Cueva de las Manos e sitios asociados da conca do Río Pinturas Cueva de las Manos Santa Cruz

47°09′S 70°39′O / -47.15, -70.65
31/01/2018 Cultural
(III)
"A Cueva de las Manos mostra a principal mostra de estilos de escenas de caza entre os anos 9400 e 6400 a.C., entre a arte rupestre da conca do río Pinturas que ten unha ampla extensión temporal, entre os anos 9400 e 2000 a.C. auténtica expresión dos cazadores-recolectores que comezaron a poboar a Patagonia dende 12000 anos a.C. O estilo Charcamata, pola súa banda, aparece despois do 5400 a.C., domina a escena rexional e representa a maior exhibición iconográfica, sobre a Cueva de las Manos que mostra poucos exemplos deste estilo.

Esta replica dos motivos en diferentes xacementos como El Puma 1, Cerro de los Indios, Cueva Grande del Arroyo Feo e a propia Cueva de las Manos, pon de manifesto a importancia de Alero Charcamata como nó para a interpretación da arte rupestre e para a demarcación territorial por parte destes cazadores no seu nomadismo estacional, adquirindo un valor excepcional para a comprensión da evolución da arte rupestre rexional, non menos pola excelente conservación das súas pinturas". [26]

Buenos AiresLa Plata: Dúas capitais da Cultura da Modernidade, o Eclecticismo e a Inmigración Avenida Roque Sáenz Peña Buenos Aires
Buenos Aires

34°46′S 58°16′O / -34.76, -58.26
31/01/2018 Cultural
(II) (IV)
"A proposta de recompilación patrimonial é a máxima expresión do eclecticismo imperante a finais do século XIX e principios do XX na maioría das cidades do mundo. O eclecticismo que se produciu neste ámbito nos ámbitos da arquitectura, a enxeñaría, o urbanismo, o paisaxismo ou as artes decorativas implicou innumerables combinacións estilísticas, tecnolóxicas, culturais e artísticas, protagonizadas pola liberalidade política, social e económica, definida polo ordenamento xurídico estatal e a entrada multicultural da inmigración".

[27]

Rutas sanmartinianas Uspallata pass San Juan
Mendoza
La Rioja

32°40′S 70°09′O / -32.66, -70.15
01/02/2019 Mixto
(VI) (VII) (VIII) (IX) (X)
"Está composto por seis pasos nos Andes, a cordilleira suramericana, polos que o Exército dos Andes (5.423 homes, 9.280 mulas, 1.500 cabalos e 18 pezas de artillería) cruzou en 1817 dende a Arxentina a Chile para liberar aquel territorio que estaba en posesión da Coroa española absolutista da época.

Os Andes están atravesados por precipicios, con cumes de máis de 4.000 metros de altura que nunca foran atravesados por unha forza de tal tamaño. A columna principal alcanzou os 4.536 metros de altitude.

Ademais dos propios pasos, situados no alto dos Andes, o sitio inclúe as rutas seguidas pola expedición por unha cadea de outeiros e montañas situadas antes da propia cordilleira dos Andes. Inclúe tamén o campamento militar de El Plumerillo, onde se adestraron e concentraron as tropas ata o inicio da expedición.". [28]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. UNESCO (ed.). "Uruguai na UNESCO". 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Argentina". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  5. "WH Committee: 5th Session, Sydney 1981". UNESCO World Heritage Centre. 26–30 de outubro de 1981. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  6. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  7. "Los Glaciares National Park". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  8. "Jesuit Missions of the Guaranis: San Ignacio Mini, Santa Ana, Nuestra Señora de Loreto and Santa Maria Mayor (Argentina), Ruins of Sao Miguel das Missoes (Brazil)". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  9. "Iguazu National Park". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  10. "Cueva de las Manos, Río Pinturas". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  11. "Península Valdés". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  12. "Ischigualasto / Talampaya Natural Parks". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  13. "Jesuit Block and Estancias of Córdoba". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  14. "Quebrada de Humahuaca". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  15. "Qhapaq Ñan, Andean Road System". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  16. "The Architectural Work of Le Corbusier, an Outstanding Contribution to the Modern Movement". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2018. Consultado o 10de decembro de 2020. 
  17. "Los Alerces National Park". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  18. "Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2016. Consultado o 7 de outubro de 2010. 
  19. "Valle Calchaquí". París: UNESCO. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  20. "Sierra de las Quijadas National Park". París: UNESCO. Consultado o 24 de setembro der 2017. 
  21. "La Payunia, Campos Volcánicos Llancanelo y Payún Matrú". París: UNESCO. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  22. "Geological, Paleontological and Archaeological Provincial Reserve Pehuén Co – Monte Hermoso". París: UNESCO. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  23. "Moisés Ville". París: UNESCO. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  24. "ESMA Site Museum - Former Clandestine Centre of Detention, Torture, and Extermination". París: UNESCO. Consultado o 24 de setembro 2017. 
  25. "City of Tigre and its rowing clubs". París: UNESCO. Consultado o 4 de setembro de 2018. 
  26. "Cueva de las Manos and associated sites of the Pinturas river basin". París: UNESCO. Consultado o 4 de setembro de 2018. 
  27. "Buenos Aires – La Plata: Two capitals of the Culture of Modernity, Eclecticism and Immigration". París: UNESCO. Consultado o 4 de setembro de 2018. 
  28. "Sanmartinian Routes". París: UNESCO. Consultado o 10 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Argentina at UNESCO World Heritage Convention