Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade en Gambia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Gambia na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Gambia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Gambia ratificou a convención o 1 de xullo de 1987, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Gambia
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.[4]
Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO
01 Illa Kunta Kinteh North Bank 2003 761rev-001; III, VI (cultural)
02 Círculos megalíticos de Senegambia Central River 2006 1226; I, III (natural)

Lista provisional

[editar | editar a fonte]

Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poidan considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional.[5] En 2025, Gambia incluíu dous bens na súa lista provisional.

Sitios provisionais
Sitio Imaxe Localización (división) Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición
Canteira de círculos de pedra de Wassu Un círculo de pedras de orixe descoñecida División do río Central 2015 I, III (cultural) [6]
Georgetown histórica Un campamento de escravos en Janjanbureh, Gambia División do Río Central 2015 III, VI (cultural) [7]
  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
  3. UNESCO (ed.). "Gambia na UNESCO".
  4. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
  5. "Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2016. Consultado o 7 de outubro de 2010.
  6. "Wassu Stone Circles Quarry Site". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-11-20.
  7. "Historic Georgetown". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-11-20.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]