Patrimonio da Humanidade en Vanuatu


O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Vanuatu, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Vanuatu ratificou a convención o 13 de xuño de 2002, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
Os dominios do xefe Roi Mata foi o primeiro lugar de Vanuatu incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, inscrito na 32ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada na cidade de Quebec (o Canadá) en 2008.[4] É o único sitio de Vanuatu declarado Patrimonio da Humanidade, sendo este de clasificación cultural.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: de Vanuatu
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.[5]
| Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO | Descrcición |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 01 | Dominios do xefe Roi Mata | Efaté | 2008 | 1280; III, V, VI (cultural) | O Dominio do Xefe Roi Mata é o primeiro sitio inscrito en Vanuatu. Consta de tres sitios de principios do século XVII d.C. nas illas de Efate, Lelepa e Artok asociados coa vida e morte do último xefe supremo, ou Roi Mata, do que hoxe é Vanuatu Central. A propiedade inclúe a residencia de Roi Mata, o lugar da súa morte e o lugar de enterramento colectivo de Roi Mata. Está estreitamente asociado coas tradicións orais que rodean ao xefe e os valores morais que defendía. O sitio reflicte a converxencia entre a tradición oral e a arqueoloxía e testemuña a persistencia das reformas sociais e a resolución de conflitos de Roi Mata, que aínda son relevantes para a xente da rexión.[6] |
Lista provisional
[editar | editar a fonte]Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional.[7] En 2025, Vanuatu incluíu cinco propiedades na súa lista provisional.
| Sitio | Imaxe | Localización (provincia) | Ano de inclusión | Criterios da UNESCO | Descrición |
|---|---|---|---|---|---|
| Yalo, Apialo e a xeografía sagrada do noroeste de Malakula | Provincia de Malampa | 2004 | III (cultural) | [8] | |
| O Presidente Coolidge | Provincia de Sanma | 2004 | I, III, IV, V (cultural) | [9] | |
| Área de Conservación de Vatthe | Provincia de Sanma | 2004 | VII, IX, X (natural) | [10] | |
| Lago Letas | Provincia de Torba | 2004 | VII, IX, X (natural) | [11] | |
| Os Nowon e Votwos de Ureparapara | Provincia de Torba | 2005 | III, IV, V (cultural) | [12] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ UNESCO (ed.). "Vanuatu".
- ↑ UNESCO (ed.). "32nd session of the World Heritage Committee".
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
- ↑ "Chief Roi Mata's Domain" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 2023-11-20.
Text was copied from this source, which is available under a Creative Commons Attribution 3.0 IGO (CC BY 3.0 IGO) license. - ↑ "Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2016. Consultado o 7 de outubro de 2010.
- ↑ "Yalo, Apialo and the sacred geography of Northwest Malakula". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-12-30.
- ↑ "The President Coolidge". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-12-30.
- ↑ "Vatthe Conservation Area". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-12-30.
- ↑ "Lake Letas". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-12-30.
- ↑ "The Nowon and Votwos of Ureparapara". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-12-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade en Vanuatu |