Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade en Namibia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Namibia na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Namibia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Namibia ratificou a convención o 6 de abril de 2000, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Namibia
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.[4]
Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO
01 Twyfelfontein Kunene 2007 1255; III, V (cultural)
02 Deserto do Namib Kunene, Erongo, Hardap, Karas 2013 1430; VII, VIII, IX, X (natural)

Lista provisional

[editar | editar a fonte]

Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poden considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional.[5] Namibia mantén 8 propiedades na súa lista provisional.[6]

Sitios provisionais
Sitio Imaxe Localización (rexión) Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición
Área do Monumento Nacional de Brandberg Rexión de Erongo 2002 (mixto) [7]
Canón de Fishriver Rexión de Karas 2002 VII, VIII, IX (natural) [8]
Chairas de Welwitschia Rexión de Kunene, Rexión de Erongo 2002 X (natural) [9]
Sitios de ecosistemas mariños da corrente de Benguela Rexión de Karas, Rexión de Erongo 2016 IV, IX, X (mixto) [10]
Etosha Pan Rexión de Kunene, Rexión de Oshikoto 2016 VII, VIII, IX (natural) [11]
Paisaxe cultural viva de Sān Rexión de Otjozondjupa 2016 V, VI (cultural) [12]
Áreas protexidas do Karoo suculento Rexión de Karas 2016 IX, X (natural) [13]
Delta do Okavango Rexión Leste de Kavango, Rexión do Zambeze 2016

VII, IX, X[[Categoría:]] (natural)

[14]
  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
  3. UNESCO (ed.). "Namibia na UNESCO".
  4. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
  5. "Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2005. Consultado o 7 de outubro de 2010.
  6. "Namibia". UNESCO. Consultado o 20 de novembro de 2023.
  7. "Brandberg National Monument Area". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20.
  8. "Fishriver Canyon". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20.
  9. "Welwitschia Plains". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20.
  10. "Benguela Current Marine Ecosystem Sites". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20.
  11. "Etosha Pan". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20.
  12. "Sān Living Cultural Landscape". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20.
  13. "Succulent Karoo Protected Areas". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20.
  14. "Okavango Delta". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]