Patrimonio da Humanidade en Costa Rica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Costa rica na lista do Patrimonio Mundial. A Illa Coco, situada a uns 550 km do continente no océano Pacífico, non aparece no mapa

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Costa Rica aceptou a convención o 23 de agosto de 1977.[3] Ten catro sitios Patrimonio da Humanidade e un sitio na lista provisional.[3]

O primeiro sitio en Costa Rica catalogado foi o Reservas Talamanca-La Amistad/Parque Nacional La Amistad, en 1983. En 1990, o sitio ampliouse para incluír os sitios que cruzan a fronteira en Panamá. O sitio máis recente enumerado foi os Asentamentos de xefatura precolombiana con esferas de pedra dos diquís, en 2014. Este é o único sitio cultural de Costa Rica, os outros tres están catalogados polas súas propiedades naturais. Hai un sitio na lista tentativa.[3]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]

Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Costa Rica
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.[4]

     * Lugar transnacional

sitios Patrimonio da Humanidade
Nome Imaxe Location (provincia) Ano de inclusión Datos da UNESCO Descrición
01 Reservas Talamanca Range-La Amistad / Parque nacional La Amistad * Paisaxe da selva tropical Puntarenas 1983 205bis; VII, VIII, IX, X (natural) Ao estar situada no punto de encontro entre a flora e a fauna de América do Norte e do Sur, a zona é rica en biodiversidade, con preto de 10.000 plantas con flores, máis de 200 especies de mamíferos, unhas 600 especies de aves e 250 especies de réptiles e anfibios. A maior parte da terra está cuberta por selvas tropicais, pero tamén hai varias montañas que alcanzan os 3000 m.. A actividade glaciar durante a glaciación cuaternaria moldeou a paisaxe creando circos, vales e lagos glaciares. A parte costarriqueña do sitio foi listada inicialmente de forma independente en 1983, a parte en Panamá engadiuse en 1990.[5][6]
02 Parque nacional Illa Coco Bosque tropical e unha praia Puntarenas 1997 820bis; IX, X (natural) A illa, a uns 550 km. do continente, está situada no punto de encontro da Contracorrente ecuatorial e outras correntes. Sostén a única selva tropical dunha illa oceánica do Pacífico oriental e alberga varias especies endémicas, incluíndo tres aves e dous réptiles. O mar circundante é de crucial importancia para as grandes especies peláxicas, como o tiburón sedoso, tiburón limón, tiburón martelo, tiburón balea, manta raia xigante, e marlin azul. Os illotes da zona serven de estacións de limpeza onde descansan estas especies para que os seus parasitos sexan eliminados por peixes especializados. En 2002 produciuse unha modificación significativa dos límites.[7]
03 Área de conservación Guanacaste Paisaxe herbosa cun pico volcánico ao fondo Guanacaste, Alajuela 1999 928bis; IX, X (natural) Estendese dende a costa do Pacífico a través da cordilleira co pico máis alto Rincón de la Vieja con 1916 m. (na imaxe) ata as terras baixas do lado do Caribe, a zona comprende numerosos hábitats. Hai importantes extensións de bosques tropicais secos ademais de zonas húmidas, costas, carballeiras e sabanas. A zona é notablemente rica en biodiversidade, con decenas de miles de especies de insectos, ademais de grandes mamíferos como o Tapir de Baird, xaguar, margay e ocelote. Hai máis de 500 especies de aves, incluíndo o colibrí do mangleiral en perigo de extinción e o gran guacamaio verde. En 2004 produciuse unha modificación significativa dos límites do lugar.[8]
04 Asentamentos do cacicado precolombiano con esferas de pedra dos diquís Xente mirando grandes esferas de pedra Puntarenas 2014 1453; III (cultural) A cultura precolombiana Diquís existiu entre o 500 e o 1500 d.C. no delta do río Térraba. O Patrimonio da Humanidade comprende catro xacementos arqueolóxicos con restos materiais da cultura. Inclúen túmulos artificiais, lugares de enterramento, áreas pavimentadas e, sobre todo, grandes esferas de pedra. Algunhas delas alcanzan máis de 2,5 m. de diámetro. Os sitios permaneceron a salvo do saqueo debido ás espesas capas de sedimentos que os cubrían despois de que o pobo diquís desaparecese.[9]

Lista provisional[editar | editar a fonte]

Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial se o sitio figuraba previamente na lista provisional.[10] Costa Rica ten un sitio na lista provisional.[3]

Lista provisional
Nome Imace Localización (provincia) Ano de inclusión Datos da UNESCO Descrición
Reserva bilóxica do Parque nacional de Corcovado e Illa do Caño
Praia do océano con palmeiras
Puntarenas 2003 VII, X (natural) Non se ofrece ningunha descrición na documentación da candidatura. Imaxe o Parque Nacional do Corcovado.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Costa Rica". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 9 de maio de 2023. Consultado o 3 de xuño de 2023. 
  4. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  5. "Talamanca Range-La Amistad Reserves / La Amistad National Park". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2023. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  6. "14BUR IVA.15 - La Amistad/Talamanca (Costa Rica)". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2002. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  7. "Cocos Island National Park". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2023. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  8. "Area de Conservación Guanacastek". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de xuño de 2023. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  9. "Precolumbian Chiefdom Settlements with Stone Spheres of the Diquís". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2023. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  10. "Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2016. Consultado o 7 de outubro de 2010. 
  11. "Corcovado National Park and Isla del Caño Biological Reserve". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2023. Consultado o 10 de xuño de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]