Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade na República Dominicana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios da República Dominicana na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade na República Dominicana, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. A República Dominicana, país do mar Caribe, ratificou a convención o 12 de febreiro de 1985, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

A Cidade Colonial de Santo Domingo foi o primeiro lugar da República Dominicana incluído na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO, listado na 14ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Banff (o Canadá) en 1990.[4] Dende entón, este ben de clasificación cultural permanece como o único sitio da República Dominicana clasificado como Patrimonio da Humanidade.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: da República Dominicana
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VIII) a (X) son naturais.[5]
Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO Dexcrición
01 Cidade Colonial de Santo Domingo Distrito Nacional 1990 526; II, IV, VI (cultural) Tras a chegada de Cristovo Colón á illa en 1492, Santo Domingo converteuse no lugar da primeira catedral, hospital, aduana e universidade de América. Esta cidade colonial, fundada en 1498, deseñouse segundo un patrón de cuadrícula que se converteu no modelo para case todos os urbanistas do Novo Mundo.[6]

Lista provisional

[editar | editar a fonte]

Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional.[7] En 2025, a República Dominicana incluíu trece bens na súa lista provisional.[8]

Sitios provisionais
Sitio Imaxe Localización (provincia) Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición
Jacagua, Villa de Santiago Provincia de Santiago 2001 (cutural) [9]
Montecristi Unha casa en Montecristi, cunha árbore á esquerda Provincia de Monte Cristi 2001 (cultural) [10]
Parque Nacional Arqueolóxico e Histórico de Pueblo Viejo, La Vega As ruínas do Forte de Vega a vista de paxaro Provincia de La Vega 2001 (cultural) [11]
Centro histórico de Puerto Plata Dous canóns apuntando ao mar Provincia de Puerto Plata 2001 (cultural) [12]
Cidade de Azúa de Compostela An apartment with a tree on the left Provincia de Azua 2001 (cultural) [13]
Azucareira de Sanate Provincia de La Altagracia 2002 II, IV, VI (cultural) [14]
Muíño de Azucre da Nuestra Señora de Monte Alegre ou azucareira da Duquesa Distrito Nacional 2002 II, IV VI (cultural) [15]
Sitio arqueolóxico de Villa La Isabela Provincia de Puerto Plata 2018 II, V (cultural) [16]
Parque nacional de Jaragua Looking down on a canyon with desert vegetation Provincia de Pedernales 2018 I, III, VII, IX, X (culural) [17]
Primeiras máquinas coloniais de América Provincia de San Cristóbal, Provincia de Santo Domingo 2018 II, VI (cultural) [18]
Parque nacional de Cotubanamá A praia, o mar á dereita e as palmeiras á esquerda Provincia de La Altagracia, Provincia de La Romana 2018 I, II, III (cultural) [19]
Santuario de Mamíferos Mariños Bancos de La Plata e Navidad Two buoys in the sea Ningunha, mar aberto 2018 III, IX, X (mixto) [20]
Arte rupestre prehispánica da República Dominicana Provincia de Hato Mayor, Provincia de La Altagracia, Provincia de Pedernales, Provincia de San Cristóbal 2018 I, III (cultural) [21]
  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
  3. UNESCO (ed.). "República Dominicana".
  4. UNESCO (ed.). "14th session of the World Heritage Committee".
  5. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
  6. "Colonial city of Santo Domingo" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 2023-11-20. Text was copied from this source, which is available under a Creative Commons Attribution 3.0 IGO (CC BY 3.0 IGO) license.
  7. "Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2016. Consultado o 7 de outubro de 2010.
  8. "Dominican Republic". UNESCO. Consultado o 8 de xaneiro de 2024.
  9. "Jacagua, Villa of Santiago". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2024-01-08.
  10. "Montecristi". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2024-01-08.
  11. "Archaeological and Historical National Park of Pueblo Viejo, La Vega". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2024-01-08.
  12. "Historical Centre of Puerto Plata". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2024-01-08.
  13. "City of Azúa de Compostela". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2024-01-08.
  14. "Sanate Sugar Mill". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2024-01-08.
  15. "Nuestra Señora de Monte Alegre or la Duquesa Sugar Mill". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2024-01-08.
  16. "Villa La Isabela Archaeological Site". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2024-01-08.
  17. "Jaragua National Park". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2024-01-08.
  18. "First Colonial Engines of America". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2024-01-08.
  19. "Cotubanamá National Park". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2024-01-08.
  20. "Marine Mammals Sanctuary Bancos de La Plata and Navidad". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2024-01-08.
  21. "Pre-Hispanic rock art of the Dominican Republic". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2024-01-08.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]