Patrimonio da Humanidade en Afganistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Afganistán na lista do Patrimonio Mundial.
Welterbe.svg UNESCO logo.svg

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) son lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] Afganistán aceptou a convención o 20 de marzo de 1979, facendo que os seus sitios históricos poidan ser incluídos na lista.

O primeiro sitio en Afganistán que se inscribiu foi o Minarete e Restos Arqueolóxicos de Jam, que foi inscrita na 26ª sesión do Comité do Patrimonio da Humanidade en 2002. A Paisaxe cultural e Restos Arqueolóxicos do Val de Bamiyán foi inscrita na 27ª sesión, en 2003.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]

Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: das provincias de Afganistán
Período: período de tempo significativo, normalmente de construción
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[2]

     † En perigo

Nome Imaxe Rexión Período Datos da UNESCO
01 Minarete de Jam[3] Minaret of jam 2009 ghor.jpg Provincia de Ghor, Afganistán século XI - século XIII 337; 2002; ii, iii, iv
02 Budas de Bamiyán[4] Buddha of Bamiyan.jpg Bamiyán, Afganistán século IV - século V 337; 2003; i, ii, iii, iv, v

Lista de candidatos[editar | editar a fonte]

Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial se o sitio figuraba previamente na lista provisional.

Sitio Imaxe Ano listado Localización Descrición
Cidade de Herat[5] Section of Herat in 2009.jpg 2004
Cidade de Balkh (antiga Bactria)[6] Balkh mosque from afar.jpg 2004
Band-E-Amir[7] Afghanistan's Grand Canyon.jpg 2004
Bagh-e Babur[8] Garden of Babur By Dani.jpg 2009

Notas[editar | editar a fonte]

  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  3. "Minaret and Archaeological Remains of Jam". 
  4. "Cultural Landscape and Archaeological Remains of the Bamiyan Valley". 
  5. Centre, UNESCO World Heritage. "City of Herat". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-07-13. 
  6. Centre, UNESCO World Heritage. "City of Balkh (antique Bactria)". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-07-13. 
  7. Centre, UNESCO World Heritage. "Band-E-Amir". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-07-13. 
  8. Centre, UNESCO World Heritage. "Bagh-e Babur". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-07-13.