Patrimonio da Humanidade nos Estados Federados de Micronesia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] Os Estados Federados de Micronesia ratificaron a convención o 22 de xullo de 2002, convertendo os seus lugares elixibles para a súa inclusión na lista.[2]
Nan Madol foi o primeiro lugar dos Estados Federados de Micronesia incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, inscrito na 40ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Istambul (Turquía) en 2016.[3] É o único sitio dos Estados Federados de Micronesia declarado Patrimonio da Humanidade, sendo este de clasificación cultural.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]
- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: de Micronesia
- Período: período de tempo significativo, normalmente de construción
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]
† En perigo
Nº | Nome | Imaxe | Rexión | Período | Datos da UNESCO |
---|---|---|---|---|---|
01 | Nan Madol | ![]() |
Pohnpei | Século VIII-IX | 1503; 2016; i, iii, iv, vi |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ UNESCO (ed.). "Estados Federados de Micronesia".
- ↑ UNESCO (ed.). "40th session of the World Heritage Committee".
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade nos Estados Federados de Micronesia |