Patrimonio da Humanidade en Alxeria
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] Alxeria, país de cultura árabe que ocupa un gran territorio no Norte de África, ratificou a convención o 24 de xuño de 1974, convertendo os seus lugares elixibles para a súa inclusión na lista.[2]
O sitio Al Qal'a dos Beni Hammad, que conta coas ruínas dunha cidade histórica local, foi o primeiro lugar de Alxeria incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, inscrito na 4ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en París (Francia) en 1980. Dende entón, Alxeria conta con sete sitios inscritos como Patrimonio da Humanidade, sendo 6 deles de clasificación cultural e 1 de clasificación mixta (o sitio Tassili n'Ajjer).
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]
- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: de Alxeria
- Período: período de tempo significativo, normalmente de construción
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[3]
Nº | Nome | Imaxe | Rexión | Período | Datos da UNESCO |
---|---|---|---|---|---|
01 | Al-Qal'a de Beni Hammad | ![]() |
M'Sila | Século XI | 102; 1980; iii |
02 | Tassili n'Ajjer | ![]() |
Illizi | - | 179; 1982; i, iii, vii, viii |
03 | Djémila | ![]() |
Sétif | Século I | 191; 1982; iii, iv |
04 | Val de M'Zab | ![]() |
Laghouat | - | 188; 1982; ii, iii, v |
05 | Timgad | ![]() |
Batna | c. 100 | 194; 1982; ii, iii, iv |
06 | Tipasa | ![]() |
Tipasa | 100 | 193; 1982; iii, iv |
07 | Casba de Alxer | ![]() |
Alxer | Século X | 565; 1992; ii, v |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ UNESCO (ed.). "Alxeria".
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade en Alxeria ![]() |