Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade en Ghana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Ghana na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Ghana, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Ghana ratificou a convención o 4 de xullo de 1975, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Ghana
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.[4]
Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO
01 Fortes e castelos das rexións de Volta, Grande Accra, Central e Occidental Rexión de Volta, Grande Accra, Central e Occidental 1979 34; VI (cultural)
02 Edificios tradicionais ashantis Rexión de Ashanti 1980 35; V (cultural)

Lista provisional

[editar | editar a fonte]

Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional para a súa consideración como nomeamentos. As candidaturas para a lista só se aceptan se o sitio xa estivo na lista provisional.[5]

Sitios do Patrimonio Mundial
Site Imaxe Localización (Rexión) Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición
Parque Nacional Mole Rexión de Savannah 2000 VII, VIII, IX, X (natural) [6]
Tenzug - Asentamentos talensi Rexión do Alto Leste 2000 I, II, V, VI (cultural) [7]
Catedral católica de Navrongo Rexión do Alto Leste 2000 (cultural) [8]
Rutas comerciais de peregrinación do noroeste de Ghana Rexión de Ahafo, Rexión de Bono, Rexión de Bono Leste, Nordeste, Rexión Norte Rexión de Savannah, Rexión do Alto Leste 2000 I, II, III, IV (cultural) [9]
Parque Nacional de Kakum (Reserva de Assin Attandanso) Rexión Central 2000 VII, X (natural) [10]
  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
  3. UNESCO (ed.). "Ghana na UNESCO".
  4. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
  5. "Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2005. Consultado o 12 de xullo de 2014.
  6. "Mole National Park". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-11-20.
  7. "Tenzug - Tallensi settlements". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-11-20.
  8. "Navrongo Catholic Cathedral". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-11-20.
  9. "Trade Pilgrimage Routes of North-Western Ghana". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-11-20.
  10. "Kakum National Park (Assin Attandanso Reserve)". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-11-20.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]