Provincia da Rioxa
|
|||
Capital poboación (ano) |
A Rioxa 180.995 habitantes (2010) |
||
![]() |
|||
Gobernador | Luis Beder Herrera (FPV-PJ) | ||
Superficie | 89.680 km² | ||
Poboación Densidade |
331.000 hab.(2010) 3,7 hab./km² |
||
Xentilicio | riojano/a |
A provincia da Rioxa[1] é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 331.847 habitantes (2010) e a súa capital é A Rioxa, onde se concentra a metade da poboación provincial.
Situada no noroeste do país, limita polo noroeste con Chile, polo oeste coa provincia de San Juan, polo sur con San Luis, polo leste con Córdoba e polo norte con Catamarca.
Con 89 680 km² que representa o 3,22% do territorio arxentino, na Rioxa predomina un relevo montañoso de escasa vexetación sen a presenza dun curso de auga permanente.
A súa economía susténtase a partir da agricultura baixo rego artificial, coa produción de vide e oliveiras principalmente, aínda que tamén creceu considerablemente o turismo nos últimos anos, sobresaíndo o Parque Nacional Talampaya, como principal atractivo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1816. ISBN 9788482893600.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia da Rioxa |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
|