Patrimonio da Humanidade en Exipto



O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Exipto, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Dende 2022, Exipto conta con sete sitios.[3] Todos os sitios responden a Criterios Culturais, excepto o Val das baleas que figura nos Criterios Naturais. Ademais dos sitios inscritos, Exipto tamén enumera trinta e catro propiedades na súa lista provisional.[3]
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: de Albania
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]
En perigo
Nº | Sitio | Imaxe | Localización | Criterios | Superficie ha |
Ano | Descrición |
---|---|---|---|---|---|---|---|
01 | Abu Mena† | Gobernación de Alexandría,![]() 30°51′00″N 29°40′00″L / 30.85000, -29.66667 |
Cultural: IV |
183 ha | 1979 | As ruínas da antiga cidade santa cristiá conteñen unha igrexa, un baptisterio, basílicas, edificios públicos, rúas, mosteiros, casas e talleres, e foron construídas sobre a tumba de Menas de Alexandría.[5] | |
02 | Antiga Tebas coa súa Necrópole | ![]() |
Gobernación de Luxor,![]() 25°44′00″N 32°36′00″L / 25.73333, -32.60000 |
Cultural: I, III, VI |
7390 ha | 1979 | Antiga capital de Exipto e cidade de Amón, Tebas contén templos e pazos en Karnak e Luxor, así como as necrópoles no Val dos Reis e o Val das Raíñas, testemuña do auxe da civilización exipcia.[6] |
03 | Cairo histórico | ![]() |
Gobernación do Cairo,![]() 30°03′00″N 31°15′40″L / 30.05000, -31.26111 |
Cultural: I, V, VI |
524 ha | 1979 | Unha das cidades islámicas máis antigas do mundo e no medio do Cairo urbano, o xacemento data do século X e alcanzou a súa idade de ouro no século XIV. Contén mesquitas, madrasa, hammams e fontes.[7] |
04 | Menfis e a súa necrópole: os campos das pirámides de Gizeh a Dahshur | ![]() |
Gobernación de Giza,![]() 30°03′00″N 31°15′40″L / 30.05000, -31.26111 |
Cultural: I, V, VI |
16.358,52 ha. | 1979 | A capital do Antigo Reino de Exipto ten algúns monumentos funerarios extraordinarios, incluíndo tumbas rupestres, mastabas ornamentadas, templos e pirámides. Na antigüidade, o sitio era considerado unha das Sete Marabillas do Mundo.[8] |
05 | Monumentos nubios de Abu Simbel a Philae | ![]() |
Gobernación de Asuán,![]() 22°20′11″N 31°37′34″L / 22.33639, -31.62611 |
Cultural: I, III, VI |
374 ha | 1979 | Situado ao longo do Nilo, o sitio contén monumentos como o Templo de Ramsés II nos templos de Abu Simbel e o Santuario de Isis en Filae, salvados de ser mergullados polo Lago Nasser como resultado da construción da Encoro de Asuán.[9] |
06 | Área de Santa Catarina | ![]() |
Gobernación do Sur do Sinaí,![]() 28°33′22″N 33°58′32″L / 28.55611, -33.97556 |
Cultural: I, III, IV, VI |
60100 ha | 2002 | O mosteiro ortodoxo de Santa Catarina está entre os mosteiros cristiáns máis antigos que aínda están en funcionamento. Datado do século VI, está situado preto do Monte Horeb onde, segundo o Antigo Testamento, Moisés recibiu as Táboas da Lei. A rexión é sagrada para cristiáns, musulmáns e xudeus.[10] |
07 | Wadi Al-Hitan (val das baleas) | ![]() |
Gobernación de Faiyum,![]() 29°20′00″N 30°11′00″L / 29.33333, -30.18333 |
Natural: VIII |
20015 ha | 2005 | Situado no oeste de Exipto, Wadi Al-Hitan contén restos fósiles do agora extinto Archaeoceti, que mapean a evolución das baleas dun mamífero terrestre a un mamífero acuático.[11] |
Lista indicativa
[editar | editar a fonte]Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial se o sitio figuraba previamente na lista provisional.[3] A partir de 2016, Exipto enumera trinta e tres propiedades na súa lista provisional:[3]
Área arqueolóxica de Siúa
Ben cultural Proposto en 1994 | |
![]() |
Templo de Serabit el-Khadim
Ben cultural Proposto en 1994 |
![]() |
Zona dos sitios arqueolóxicos do norte de Sinaí
Ben cultural Proposto en 1994 |
![]() |
Templo de Hator construído por Ramsés III
Ben cultural Proposto en 1994 |
![]() |
Área arqueolóxica de Dahshur
Ben cultural Proposto en 1994 |
![]() |
El Fayum : Kom Aushim (Karanis), Dimai (Soknopaiounesos), Qasr Qarun (Dionysias), Batn I hrit (Theadelphia), Byahma-Medinet el Fayoum (Cocodrilópolis ou Arsinoe), Abgig-Hawara, Seila-Medient Madi (Narmouthis), Umm el-Breigat (tebtunis)
Ben cultural Proposto en 1994 |
![]() |
Castelo de El-Gendi
Ben cultural Proposto en 1994 |
![]() |
Mosteiro de Raithu
Ben cultural Proposto en 1994 |
![]() |
Wadi Feiran
Ben cultural Proposto en 1994 |
![]() |
Illa do Faraón
Ben cultural Proposto en 1994 |
![]() |
Dahab
Ben cultural Proposto en 1994 |
![]() |
Menia
Ben cultural Proposto en 1994 |
![]() |
Castelo de Newibah
Ben cultural Proposto en 1994 |
Ras Mohammed
Ben natural Proposto en 2002 | |
![]() |
Área do Jebel Qatrani, reserva natural do lago Qarun
Ben mixto Proposto en 2003 |
Pequenos oasis do sur, o deserto do Oeste
Ben natural Proposto en 2003 | |
![]() |
Rutas de migración de aves
Ben natural Propsto en 2003 |
![]() |
Wadis do deserto
Ben natural Proposto en 2003 |
![]() |
Cadeas montañosas
Ben natural Proposto en 2003 |
![]() |
Paisaxes do Gran Deserto
Ben natural Proposto en 2003 |
![]() |
Alexandría, os restos antigos e a nova biblioteca
Ben cultural Proposto en 2003 |
![]() |
Abidos, cidade de peregrinación dos Faraóns
Ben cultural Propuesto en 2003 |
![]() |
Templos faraónicos do Alto Exipto desde o período helenístico ao romano
Ben cultural Proposto en 2003 |
Necrópole do Medio Exipto, desde o período do Imperio Medio ao romano
Ben cultural Proposto en 2003 | |
![]() |
Nilómetro de Roda en O Cairo
Ben cultural Proposto en 2003 |
![]() |
Os mosteiros do Deserto arábigo e Wadi Natrun
Ben cultural Proposto en 2003 |
![]() |
Dous cidadelas en Sinaí do período saladino (El-Gendi e a Illa do Faraón)
Ben cultural Proposto en 2003 |
![]() |
O castelo de An-Nakhl, unha etapa na peregrinación a A Meca
Ben cultural Proposto en 2003 |
![]() |
Oasis de Fayum, restos hidráulicos e antigos paisaxes culturais
Ben cultural Proposto en 2003 |
![]() |
Barrios históricos e monumentos de Rosetta/Rashid
Ben cultural Proposto en 2003 |
![]() |
Dababiya
Ben natural Proposto en 2008 |
![]() |
Observatorio de Helwan
Ben mixto Propuesto en 2010 |
![]() |
Oasis do Kharga e pequenos oasis meridionais
Ben mixto Proposto en 2015 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Egypt". UNESCO. Consultado o 21 de novembro de 2021.
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
- ↑ "Abu Mena". UNESCO. Consultado o 17 de agosto de 2011.
- ↑ UNESCO (ed.). "A antiga Tebas coa súa necrópole". Consultado o 17 de agosto de 2011.
- ↑ UNESCO (ed.). "O Cairo histórico". Consultado o 17 de agosto de 2011.
- ↑ "Memphis e a súa necrópole: os campos das pirámides de Giza a Dahshur". UNESCO. Consultado o 24 de decembro de 2016.
- ↑ "Monumentos nubios de Abu Simbel a Philae". UNESCO. Consultado o 17 de agosto de 2011.
- ↑ "Área de Santa Catalina". UNESCO. Consultado o 17 de agosto de 2011.
- ↑ "Wadi Al-Hitan (Whale Valley)". UNESCO. Consultado o 17 de agosto de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade en Exipto ![]() |