Patrimonio da Humanidade na República Centroafricana


O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade na República Centroafricana, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. A República Centroafricana, país que contén extensas reservas naturais e relevante patrimonio ecolóxico no continente africano, ratificou a convención o 22 de decembro de 1980, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
O Parque Nacional do Manovo-Gounda St. Floris foi o primeiro lugar da República Centroafricana incluído na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO, incluído na 12ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Brasilia (o Brasil) en 1988.[4] Dende a máis recente adhesión á lista, a República Centroafricana conta con 2 sitios clasificados como Patrimonio da Humanidade, sendo ámbolos dous de clasificación natural. Dende o momento da súa designación, o Parque Nacional do Manovo-Gounda St. Floris foi inmediatamente incluído na Lista do Patrimonio Mundial en Perigo, debido a actividades pecuarias ilegais dentro da área dop sitio que ameazan fortemente a fauna local e avanzan sobre a área delimitada do ben, creando eventuais problemas de seguridade.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: da República Centroafricana
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.[5]
* Lugar transnacional † En perigo
| Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO |
|---|---|---|---|---|---|
| 01 | Parque Nacional do Manovo-Gounda St. Floris | Bamingui-Bangoran | 1998 | 475; IX, X (natural) | |
| 02 | Sitio trinacional de Sangha* | A República Centroafricana República do Congo Camerún |
2012 | 1380; IX, X (natural) |
Lista provisional
[editar | editar a fonte]Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poden considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional.[6] En xuño de 2025, a República Centroafricana incluíu nove bens na súa lista provisional.[7]
| Sitio | Imaxe | Localización (prefectura) | Ano de inclusión | Criterios da UNESCO | Descrición |
|---|---|---|---|---|---|
| Os megálitos de Bouar | Nana-Mambéré | 2006 | (cultural) | [8] | |
| A Tata (palacio fortificado) do sultán Sénoussi, as covas de Kaga-Kpoungouvou e a cidade de Ndélé | Bamingui-Bangoran | 2006 | (cultural) | [9] | |
| Sitios paleometalúrxicos de Bangui | Bangui | 2006 | (cultural) | [10] | |
| Petróglifos de Lengo | Mbomou | 2006 | (cultural) | [11] | |
| Restos do tren Zinga | Lobaye | 2006 | (cultural) | [12] | |
| Reserva Integral Mbaéré Bodingué | Sangha-Mbaéré | 2006 | IX, X (natural) | [13] | |
| Fervenzas do Mbi | Ombella-M'Poko | 2006 | VII (natural) | [14] | |
| Outeiro, chaira, río Oubangui e a herdanza colonial de Bangui | Lobaye | 2006 | (cultural) | [15] | |
| Bosque pigmeo e campamentos residenciais da República Centroafricana | Lobaye | 2006 | X (mixto) | [16] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ UNESCO (ed.). "República Centro-Africana".
- ↑ UNESCO (ed.). "12nd session of the World Heritage Committee". Consultado o 20 de setembro de 2021.
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
- ↑ "Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2016. Consultado o 7 de outubro de 2010.
- ↑ "Central African Repúblic". UNESCO. Consultado o 20 de novembro de 2023.
- ↑ "The Bouar Megaliths". UNESCO World Heritage Centre (en francés). Consultado o 2023-11-20.
- ↑ "The Tata (fortified palace) of Sultan Sénoussi, the caves of Kaga-Kpoungouvou, and the city of Ndélé". UNESCO World Heritage Centre (en francés). Consultado o 2023-11-20.
- ↑ "Paleo-metallurgical sites of Bangui". UNESCO World Heritage Centre (en francés). Consultado o 2023-11-20.
- ↑ "Lengo Petroglyphs". UNESCO World Heritage Centre (en francés). Consultado o 2023-11-20.
- ↑ "Remains of the Zinga train". UNESCO World Heritage Centre (en francés). Consultado o 2023-11-20.
- ↑ "Mbaéré Bodingué Integral Reserve". UNESCO World Heritage Centre (en francés). Consultado o 2023-11-20.
- ↑ "Mbi Falls". UNESCO World Heritage Centre (en francés). Consultado o 2023-11-20.
- ↑ "Hill, plain, Oubangui river and the colonial heritage of Bangui". UNESCO World Heritage Centre (en francés). Consultado o 2023-11-20.
- ↑ "Pygmy forest and residential camps of Central African Republic". UNESCO World Heritage Centre (en francés). Consultado o 2023-11-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade na República Centroafricana |