Patrimonio da Humanidade nos Emiratos Árabes Unidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios dos Emiratos Árabes Unidos na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade nos Emiratos Árabes Unidos, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Os Emiratos Árabes Unidos, unha influente nación da Península Arábiga formada por sete emiratos distintos, ratificaron a convención o 11 de maio de 2001, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

Os sitios culturais de Alaine (Hafite, Hili, Bidaa Bint Saud e zonas dos oasis foi o primeiro lugar dos Emiratos Árabes Unidos incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, inscrito na 35ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en París (Francia) en 2011.[4] É o único sitio de Dominica declarado Patrimonio da Humanidade, sendo este de clasificación cultural.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]

Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: dos Emiratos Árabes Unidos
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[5]
Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO
01 Al Aine Abu Zabi 2011 1343; iii, iv, v (cultural)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. UNESCO (ed.). "Emiratos Árabes Unidos". 
  4. UNESCO (ed.). "35th session of the World Heritage Committee". Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  5. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]