Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade en Laos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Laos na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Laos, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Laos ratificou a convención o 20 de marzo de 1987, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

No ano 2025, Laos ten catro sitios na lista do Patrimonio da Humanidade. A cidade de Luang Prabang incluíuse en 1995, Vat Phou en 2001, a Chaira das Xarras en 2019 e o Parque Nacional Hin Nam No en 2025.[4] Os tres primeiros sitios son culturais, mentres que o último é natural. Ademais, Laos ten dous sitios na súa lista provisional.[4]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Laos
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.[5]

     * Sitio transnacional

Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO
01 Luang Prabang Provincia de Luang Prabang 1995 479bis; II, IV, V (cultural)
02 Vat Phou Provincia de Champasak 2001 481; III, IV, VI (cultural)
03 Chaira das xerras Provincia de Xiangkhoang 2019 1587; III (cultural)
04 Parque Nacional Phong Nha – Kẻ Bàng e Parque Nacional Hin Nam No *
 Un mono gris e laranxa sentado nunha póla
Khammouane 2025 95bis; VIII, IX, Xx (natural)
  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
  3. UNESCO (ed.). "Laos na UNESCO".
  4. 1 2 "Laos". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 22 e marzo de 2022. Consultado o 27 de marzo de 2022.
  5. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]