Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade en Xordania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patrimonio da Humanidade en Xordania

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Xordania, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Xordania aceptou a convención o 5 de maio de 1975, polo que os seus sitios históricos poden ser incluídos na lista. En 2021, incluíanse seis sitios en Xordania.[3]

Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Sitio; nomeado despois da designación oficial do Comité do Patrimonio Mundial[4]
Localización; a nivel de cidade, rexional ou provincial e xeocoordenadas
Criterios; segundo a definición do Comité do Patrimonio Mundial[5]
Área; en hectáreas e acres. Se está dispoñible, tamén se anotou o tamaño da zona de seguridade. A falta de valor implica que non hai datos publicados pola UNESCO
Ano; durante o cal se inscribiu o sitio na Lista do Patrimonio Mundial
Descrición; información breve sobre o sitio, incluídos os motivos para cualificar como sitio en perigo, se é o caso
Sitio Imaxe Localización Criterios Superficie
ha (acre)
Ano Descrición
01 Petra JorGobernación de Ma'an
30°19′50″N 35°26′36″L / 30.33056, -35.44333
Cultural:JorPet
(I)(III)(IV)
26,171 (64670) 1985 A cidade Nabatea de Petra foi un importante centro comercial entre Arabia, Exipto e Siria-Fenicia, famosa pola súa arquitectura escavada na roca, está feita enteiramente de pedra arenisca con máis de 40 tumbas, así como a súa explotación mineira e sistemas de enxeñaría da auga.[6]
02 Quseir Amra JorGobernación de Zarqa
31°48′7″N 36°35′9″L / 31.80194, -36.58583
Cultural:JorQus
(I)(III)(IV)
0.0445 (0.101) 1985 O castelo do deserto de Quseir Amra construíuse a principios do século VIII, e servira tanto de fortaleza como de palacio real dos Omeia. O sitio tamén destaca polos seus extensos frescos, que constitúen un exemplo importante e único da primeira arte islámica.[7]
03 Um er-Rasas (Kastrom Mefa'a) JorGobernación de Madaba
31°30′6″N 35°55′14″L / 31.50167, -35.92056
Cultural:JorUme
(I)(IV)(VI)
24 (59) 2005 Establecido como un campamento militar romano, Um er-Rasas converteuse nun asentamento no século V, habitado sucesivamente por comunidades cristiás e islámicas. O xacemento en gran parte sen escavar contén ruínas de fortificacións romanas, igrexas con mosaicos que ilustran moitas cidades da rexión e dúas torres de estilitass.[8]
04 Área protexida de Wadi Rum JorGobernación de Aqaba
29°38′23″N 35°26′02″L / 29.63972, -35.43389
Mixto:JorWad
(III)(V)(VII)
74 180 (183 300) 2011 Situado no sur de Xordania, Wadi Rum presenta unha gran variedade de relieves desérticos, incluíndo vales de pedra arenisca, arcos naturais, gorxas, cantils, desprendementos de terra e cavernas. O xacemento tamén contén unha extensa arte rupestre, inscricións e restos arqueolóxicos, que dan fe de máis de 12.000 anos de habitación humana continua.[9]
05 Sitio de bautismo “Betania máis alo do Xordán” (Al-Maghtas) JorGobernación de Balqa
31°50′14″N 35°33′10″L / 31.83722, -35.55278
Cultural:JorBap
(III)(VI)
294 (730) 2015 Situado no río Xordán, Al-Maghtas é considerado o lugar do Bautismo de Xesús por Xoán o Bautista. Lugar de peregrinación cristiá, contén restos de igrexas romanas e bizantinas, capelas, un mosteiro, covas e pozas.[10]
06 Al-Salt - O lugar da tolerancia e da hospitalidade urbana JorGobernación de Balqa
32°02′21″N 35°43′33″L / 32.03917, -35.72583 (Assalt)
Cultural:JorWad
(II)(III)
24,68 (61,0) 2021 Establecida en tres outeiros moi espazados en Balqa (rexión), As-Salt foi o principal asentamento na Marxe Leste do río Xordan que servía como centro cultural, comercial e financeiro. Esta prosperidade permitiu a afluencia de xente da rexión que se asentou en As-Salt, creando unha cidade distinta construída con pedra calcaria amarela que tiña estilos Art Nouveau e neocoloniais europeos combinados coas tradicións locais.[11][12]

Lista de lugares candidatos

[editar | editar a fonte]

Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerarse para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial se o sitio figuraba previamente na lista provisional.[13]

[14] En 2021, Xordania tiña catorce sitios na súa lista provisional:[15]

Nome Data
Cidade de Abila (Moderna Qweilbeh) 2001
Al Qastal (asentamento) 2001
Azraq 2007
Reserva da biosfera de Dana 2007
Gadara (Moderna Um Qeis ur Qays) 2001
Cidade arqueolóxica de Jerash (Antigo lugar de encontro de Oriente e Occidente) 2004
Reserva natural de Mujib 2007
Pella (Moderna Tabaqat Fahil) 2001
Qasr Al-Mushatta 2001
Qasr Bshir (castelo romano) 2001
Castelo de Shaubak (Montreal) 2001
O Santuario de Agios Lot, At Deir 'Ain 'Abata 2001
Umm al-Jimal 2018
O ḥarrah xordano 2019
  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. "Jordan". UNESCO. Consultado o 8 de agosto de 2016. 
  4. "World Heritage List". UNESCO. Consultado o 28 de maio de 2010. 
  5. "Os criterios de selección". UNESCO. Consultado o 10 de setembro de 2011. 
  6. "Petra". UNESCO. Consultado o 17 de agosto de 2011. 
  7. "Qasr Amra". UNESCO. Consultado o 17 de agosto de 2011. 
  8. "Um er-Rasas (Kastrom Mefa'a)". UNESCO. Consultado o 17 de agosto de 2011. 
  9. "Wadi Rum Protected Area". UNESCO. Consultado o 17 de agosto de 2011. 
  10. "Baptism Site "Bethany Beyond the Jordan" (Al-Maghtas)". UNESCO. Consultado o 6 Oct 2015. 
  11. Centre, UNESCO World Heritage. "As-Salt - The Place of Tolerance and Urban Hospitality". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-07-29. 
  12. إدراج مدينة السلط على قائمة التراث العالمي، Petra، 27 de xullo de 2021.
  13. "Tentative Lists". UNESCO. Consultado o 7 de outubro de 2010. 
  14. "Tentativelists". UNESCO. Consultado o 7 de outubro de 2010. 
  15. "Tentative List – Jordan". UNESCO. Consultado o 7 de agosto de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]