Patrimonio da Humanidade en Qatar


O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Qatar, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Qatar ratificou a convención o 12 de setembro de 1984, convertendo os seus lugares elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: de Qatar
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.[4]
| Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO |
|---|---|---|---|---|---|
| 01 | Sitio arqueolóxico de Zubarah | Al Shamal | 2013 | 1402; III, IV, V (cultural) |
Lista provisional
[editar | editar a fonte]Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poidan considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional.[5] En 2025, Qatar incluíu dous bens na súa lista provisional.
| Sitio | Imaxe | Localización (concello) | Ano de inclusión | Criterios da UNESCO | Descrición |
|---|---|---|---|---|---|
| Reserva natural de Khor Al Adaid | Concello de Al Wakrah | VII, VIII (natural) | 2008 | Un ecosistema único coñecido polo seu mar interior, un fenómeno xeográfico onde o mar se adentra no corazón do deserto. Esta zona, tamén coñecida como Mar Interior, está rodeada de dunas de area e só é accesible a través do deserto, o que a converte nun dos poucos lugares do mundo onde o mar se atopa coas dunas. A reserva é un hábitat para unha variedade de fauna salvaxe, incluíndo aves migratorias, especies mariñas e fauna do deserto. Recoñecida polo seu contorno virxe e a súa importancia ecolóxica, Khor Al-Adaid declarouse reserva natural para garantir a conservación da súa paisaxe e biodiversidade únicas.[6] | |
| Museo Nacional de Qatar (NMoQ) | Concello de Doha | IV, VI (cultural) | 2025 | O Museo Nacional de Qatar creouse na década de 1970 e ampliouse en 2019. O seu desenvolvemento reflicte a herdanza catarí á vez que integra elementos modernos.[7] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ UNESCO (ed.). "Qatar na UNESCO".
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
- ↑ "Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2016. Consultado o 7 de outubro de 2010.
- ↑ "Khor Al-Adaid natural reserve". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2024-01-08.
- ↑ "National Museum of Qatar (NMoQ)". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 13 de abril de 2025.